Pico de Orizaba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Sete cumes vulcânicos (pt) Seven Third Summits (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Puebla, México e Estado de Veracruz, México | |||
| ||||
| Cordilleira | Eixo Neovolcánico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 5.636 m | |||
| Prominencia topográfica | 4.922 m | |||
| Illamento topográfico | 2.690 km | |||
| Material ou ingrediente | andesita | |||
O volcán Pico de Orizaba, tamén denominado Citlaltépetl, localízase en México e é a montaña máis alta deste país, a terceira de América do Norte e o terceiro volcán máis alto no hemisferio occidental. Localízase no extremo oriental do complexo montañoso do Eixo Neovolcánico, na fronteira entre os estados de Veracruz e Puebla. Actualmente encóntrase dormente, mais non está extinto, tendo ocorrido as últimas erupcións en 1687 e anteriormente en 1630, 1613, 1569, 1566, 1545 e 1537.
A cidade de Orizaba encóntrase no pé deste volcán. Próxima ao Pico de Orizaba fica a serra Negra. Este volcán foi importante para as culturas dos aztecas e totonacas. O pico e os terreos circundantes son parte dun Parque Nacional. É posíbel subir até ao cumio do pico, xa que existen camiños de aproximación e escalada.
