Provincias ilirias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: substitúo ligazón morta
Liña 48: Liña 48:


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
*{{Cita publicación periódica|apelidos=Gašperič|nome=Primož|data=2010|título=The 1812 Map of the Illyrian Provinces by Gaetan Palma|url=https://ojs.zrc-sazu.si/ags/article/view/1298|PMC=|revista=Acta geographica Slovenica|lingua=en|doi=10.3986/AGS50205|ISSN=|PMID=|volume=50|páxinas=|número=2}}
* [http://crohis.com/shisatlas3/mletdalm.htm Mapa das Provincias Ilirias]{{Ligazón morta|data=maio de 2014}}.


[[Categoría:Historia de Austria]]
[[Categoría:Historia de Austria]]

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2018 ás 09:55

Modelo:País desaparecido O das Provincias Ilirias (Provinces illyriennes, en francés) foi un estado satélite do Primeiro Imperio francés situado ea costa norte e leste do mar Adriático, no que foi a rexión histórica de Iliria.

As Provincias Ilirias creáronse o 14 de outubro de 1809 a raíz do Tratado de Schönbrunn, polo cal, entre outras disposicións, o Imperio austríaco cedía ao Imperio napoleónico Trieste e Dalmacia. A estes territorios sumouse a República de Ragusa, anexionada por Francia un ano antes.

A autoridade francesa levábaa a cabo un Gobernador Xeral, o primeiro dos cales foi Auguste Marmont. Entre as novidades que se implantaron destaca a instauración dun código civil (copia do francés) na rexión, e a utilización dos idiomas eslavos (esloveno e croata) no ensino.

En agosto de 1813, Austria declarou de novo a guerra a Napoleón e invadiu as Provincias Ilirias, apoiada polas tropas croatas que desertaban dos exércitos franceses. Pouco despois, en Dubrovnik, estalaba unha insurrección contra os franceses que os expulsou coa esperanza de restaurar a República de Ragusa. Porén, tras a ocupación austríaca, isto nunca chegou a consumarse.

Coa derrota definitiva de Napoleón en 1815, o Congreso de Viena ratificaba a soberanía austríaca na rexión e formáronse os Reinos de Iliria e de Dalmacia, como partes do Imperio austríaco.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bundy, Frank J. (1988). The Administration of the Illyrian Provinces of the French Empire, 1809-1813. Taylor & Francis. ISBN 0-8240-8032-7. 

Ligazóns externas