Presente de subxuntivo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=decembro de 2017}}
{{TempoVerbal}}
O '''presente de subxuntivo''' é un dos tempos [[Verbo|verbais]]. Caracterízase por, ademais de non posuír [[vogal temática]], ter un [[sufixo modo-temporal]] "''e''" para a primeira conxugación, e "''a''" para a segunda e terceira conxugacións.
O '''presente de subxuntivo''' é un dos tempos [[Verbo|verbais]]. Caracterízase por, ademais de non posuír [[vogal temática]], ter un [[sufixo modo-temporal]] "''e''" para a primeira conxugación, e "''a''" para a segunda e terceira conxugacións.


Liña 27: Liña 27:
|}
|}


{{TempoVerbal}}
[[Categoría:Tempo verbal]]
[[Categoría:Tempo verbal]]

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2017 ás 10:46

O presente de subxuntivo é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de non posuír vogal temática, ter un sufixo modo-temporal "e" para a primeira conxugación, e "a" para a segunda e terceira conxugacións.

O presente de subxuntivo é unha forma caracterizada polo modo. Temporalmente é presente ou prospectiva, nunca retrospectiva; habitualmente é referente. Cando existe no contexto outro elemento que indique modalidade (adverbio, conxunción,...), o trazo modal do subxuntivo é redundante. Nestes casos, o trazo modal de subxuntivo é redundante, polo que pode aparecer no seu lugar o indicativo u o futuro: Quizais vén hoxe ∼ Quizais virá hoxe ∼ Quizais veña hoxe.

Valores do Presente de subxuntivo

  • Un dos usos máis habituais é o de mandato, especialmente nas secuencias negativas, pois non é posible nestas o emprego do imperativo: Vinde / non veñades.
  • Hipótese: Posibelmente teñades razón
  • Dúbida: Quizais non chegue hoxe
  • Maldición: Mal raio o parta
  • Desexo ou rogo: Queira o ceo que non sexa así

Formas

ande varra parta
andes varras partas
ande varra parta
andemos varramos partamos
andedes varrades partades
anden varran partan