Circle Jerks: Diferenzas entre revisións
m arranxiño |
m Moving from Category:Grupos musicais dos Ánxeles, California to Category:Grupos musicais dos Ánxeles using Cat-a-lot |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles |
[[Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles]] |
||
[[Categoría:Grupos musicais de hardcore punk]] |
[[Categoría:Grupos musicais de hardcore punk]] |
||
[[Categoría:Grupos musicais de punk rock]] |
[[Categoría:Grupos musicais de punk rock]] |
Revisión como estaba o 14 de decembro de 2017 ás 08:39
Circle Jerks | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, |
Período | 1979 – 1990 1994 – 1995 2001 – 2010 (en hiato) |
Xénero(s) | hardcore punk, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Frontier, Faulty Products, LAX, Combat, Relativity, Mercury |
Membros | Keith Morris Greg Hetson Zander Schloss Kevin Fitzgerald |
Antigos membros | Roger Rogerson Lucky Lehrer Earl Liberty Chuck Biscuits Keith Clark |
Na rede | |
http://www.circlejerks.net/ | |
Circle Jerks (estilizado como Ciʀcle JƎʀᴋs) foi unha banda estadounidense de hardcore punk formada en 1979 nos Ánxeles, California. O grupo fundárono o antigo vocalista de Black Flag Keith Morris e o guitarrista de Redd Kross Greg Hetson. Circle Jerks estivo entre as primeiras bandas de hardcore punk da escena da cidade de finais da década dos 70.
O grupo separouse e reformouse tres veces, ás veces con diferentes baixistas ou baterías. Disolveuse por vez primeira tras a publicación do seu quinto álbum, VI (1987), cando Hetson decidiu continuar xirando e editando discos con Bad Religion. Reuníuse ao redor de 1994 e gravou o álbum Oddities, Abnormalities and Curiosities durante o seguinte ano tras o que realizaron unha xira. Despois disto, Circle Jerks separouse novamente xa que Hetson aínda formaba parte de Bad Religion. Voltarían a xuntarse sobre 2001, pero dende o ano 2010 a banda está en hiato.
Ata a data Circle Jerks publicou seis álbums de estudio, un recompilatorio, un álbum ao vivo e un DVD. O seu derradeiro traballo de estudio, Oddities, Abnormalities and Curiosities, publicouse en 1995 e é o seu único disco de reunión.
Moitos artistas e grupos recentes teñen citado a Circle Jerks como influencia, como Flea, Anti-Flag,[1] Dropkick Murphys,[2] The Offspring e Pennywise.
Discografía
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Group Sex | 1980 | Frontier Records |
Wild in the Streets | 1982 | Faulty Products, Frontier |
Golden Shower of Hits | 1983 | Allegiance |
Wonderful | 1985 | Combat Records |
VI | 1987 | Combat Records |
Oddities, Abnormalities and Curiosities | 1995 | Polygram |
Notas
- ↑ Allmusic (ed.). "Anti-Flag en Allmusic". Consultado o 4 de marzo de 2016.
- ↑ Allmusic (ed.). "Dropkick Murphys en Allmusic". Consultado o 4 de marzo de 2016.