Número positivo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Propiedades: Arranxos varios
Liña 10: Liña 10:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Números]]
[[Categoría:Números]]

Revisión como estaba o 12 de decembro de 2017 ás 14:00

En matemáticas, o conxunto dos números reais positivos, , é o subconxunto dos números reais que son maiores que cero.

Nun plano complexo, identifícase co eixe real positivo e adoita representarse cun raio horizontal. Este raio emprégase como referencia na forma polar dun número complexo. O eixe positivo correspóndese cos números complexos con argumento .

Notación

Alternativamente a , adoitan empregarse os símbolos non estándar e . Con todo, isto pode levar a confusión, porque algún autores os empregan para denotar o conxunto dos números reais non negativos, que inclúe o cero explicitamente. Os números reais non negativos correspóndense co rango das métricas, normas e medidas nas matemáticas.

Propiedades

O conxunto é pechado para a suma, o produto e a división. Herda a topoloxía da recta real e polo tanto ten a estrutura de grupo topolóxico multiplicativo e semigrupo topolóxico aditivo.