Juan Pinzás: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Longametraxes: Títulos galegos
Jglamela (conversa | contribucións)
Referencia
Liña 13: Liña 13:
=== Longametraxes ===
=== Longametraxes ===
*1985: ''[[La gran comedia]]''. Exhibida no [[Festival Internacional de Cine de San Sebastián]].
*1985: ''[[La gran comedia]]''. Exhibida no [[Festival Internacional de Cine de San Sebastián]].
*1991: ''[[O xogo das mensaxes invisibles]]'', con [[Antonio Ferrandis]], adaptación da novela de [[Álvaro Pombo]] ''El hijo adoptivo''. Premio Glauber Rocha ao Mellor Filme no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz.
*1991: ''[[O xogo das mensaxes invisibles]]'',<ref name="dic"/> con [[Antonio Ferrandis]], adaptación da novela de [[Álvaro Pombo]] ''El hijo adoptivo''. Premio Glauber Rocha ao Mellor Filme no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz.
*1995: ''[[La leyenda de la doncella]]''. Colón de Prata do [[Festival de Cine Iberoamericano de Huelva]].
*1995: ''[[La leyenda de la doncella]]''. Colón de Prata do [[Festival de Cine Iberoamericano de Huelva]].
*2000: ''[[Era outra vez]]''. Primeiro filme da triloxía Dogma.
*2000: ''[[Era outra vez]]''. Primeiro filme da triloxía Dogma.

Revisión como estaba o 17 de setembro de 2017 ás 18:50

Juan Pinzás Cerqueira, nado en Vigo o 26 de novembro de 1955[1] é un guionista, produtor e director de cinema galego.

Traxectoria

Estudou no Instituto de Estudos Electrónicos de Vigo para logo marchar a Madrid, onde rodou filmes en Super 8. O cineasta Ismael González Díaz contratouno como actor e axudante de dirección, co que conseguiu produción para a curtametraxe Opus I Homo Hominis. En 1982 fundou xunto á súa esposa Pilar Sueiro a produtora cinematográficas PS Films (Pilar Sueiro Films), así como Atlántico Films en 1984.[2]

En 1986 conseguiu dirixir a súa primeira longametraxe, La gran comedia, con Rosalía Dans, José Luis López Vázquez e Luis Escobar. Tardaría cinco anos en poder realizar o seu segundo filme.[2]

En 2000 converteuse no único director español que se adheriu aos postulados artísticos do Dogma 95 cos que rodou unha triloxía de filmes iniciada con Era outra vez.[2]

É o pai do compositor de bandas sonoras Juan Manuel Sueiro.[1]

Filmografía

Longametraxes

Curtametraxes

En Super 8 (1977-1980)

  • Mónica
  • Aconteceu en Galicia
  • O derradeiro Fiana
  • Amanece en Vigo
  • Reflexión
  • Ensueños

En 35 mm

  • Opus I Homo Hominis (1981), mención especial no Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxes de Bilbao.
  • Augurio
  • Virginal
  • Vestida de fiesta
  • Una historia gallega
  • El tubo de rayos catódicos
  • Cien puntos para Julián Pintos
  • La tercera mujer
  • Añoranzas
  • Juego decisivo
  • La esfera
  • Gula
  • Mujer, mujer
  • Carmín
  • Hechizo
  • El rito
  • Muñeca de azul
  • Cinefilia

Notas

  1. 1,0 1,1 Ficha en IMDb.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cabo Villaverde, José Luis; et al., eds. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. pp. 294–295. ISBN 84-453-3152-3. 
  3. Sinopse en Atlántico Films

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Biografía na páxina oficial da produtora Atlántico Films.