Frankenstein ou o moderno Prometeo: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética |
m →Notas: Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}} |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{Listaref| |
{{Listaref|30em}} |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
{{Commonscat}} |
{{Commonscat}} |
Revisión como estaba o 9 de setembro de 2017 ás 23:27
Frankenstein ou o moderno Prometeo[1] é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos mais tarde.
Trama
A obra conta a historia de Victor Frankenstein, un científico obsesionado por retornar á vida un corpo inerte, o monstro de Frankenstein. Tras obrar o milagre, Frankenstein queda conturbado pola súa creación decide abandonala á súa sorte. Esta vai converterse no seu maior pesadelo.
Creación da obra
A obra foi ideada na Villa Diodati de Xenebra, cando Lord Byron, acompañado polo seu médico persoal, John Polidori, hospedou na súa residencia estival a Mary Shelley e o seu home, Percey Shelley, aínda que por aquel entón Mary e Percey aínda non estaban casados; el acababa de ser desherdado polo seu pai tras abandonar a súa muller e fillos para poder estar coa súa amada de 16 anos. O ano 1816[2] pasou á historia como o ano sen verán, por culpa da erupción do volcán Tambora que enrareceu a atmosfera durante todo o ano. Confinados baixo o teito da vila, as conversas xiraban arredor do galvanismo e outros temas relacionados co ocultismo. Os catro, acompañados eventualmente pola medio irmá de Mary, remataron por retarse nunha competición para saber quen era capaz de escribir a mellor historia de terror. So a obra de Shelley e The Vampyre[3] de Polidori chegarían a cristalizar. A propia autora explica moitos destes acontecementos no prólogo da propia obra[4].
Sobre estes eventos do verán de 1816 trata a película Remando al viento[5] do director ovetense Gonzalo Suárez, na que Lizzy McInnerny[6] interpreta a Mary Shelley e Hugh Grant a Lord Byron.
Se ben Byron non chegou a escribir a súa historia de terror si que compuxo o poema "The Darkness"[7] no que fala da escuridade deses días na Vila Diodati.
Repercusión da obra
A novela abre a porta da ciencia ficción e tanto por isto como polo seu magnetismo vai ser unha obra de referencia en moitos eidos culturais con multitude de adaptacións tanto a literatura, o cine e banda deseñada entre outras.
Notas
- ↑ Traducida do inglés por Fernando Rafael Tato Plaza e publicada por editorial Galaxia en 1999.
- ↑ "1816: El auténtico año sin verano", artigo en La Voz de Galicia, 25 de maio de 2014 (consultado o 2 de setembro de 2016).
- ↑ "The Vampyre". Goodreads. Consultado o 2016-09-02.
- ↑ "Una noche, hace 200 años...". Consultado o 2016-09-02.
- ↑ "Remando al viento (1988)". Consultado o 2016-09-02.
- ↑ "Lizzy McInnerny". IMDb. Consultado o 2016-09-02.
- ↑ "Darkness". Consultado o 2016-09-02.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frankenstein ou o moderno Prometeo |