Gustave Aimard: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Obras: Arranxos varios
Poño datas
Liña 1: Liña 1:
{{illado}}
{{illado}}
[[Ficheiro:Aimard.jpg|miniatura|Gustave Aimard]]
[[Ficheiro:Aimard.jpg|miniatura|Gustave Aimard]]
'''Gustave Aimard''', pseudónimo de '''Olivier Gloux''' nado en [[París]] en [[1818]] e finado en [[1883]], foi un novelista [[Francia|francés]].
'''Gustave Aimard''', pseudónimo de '''Olivier Gloux''' nado en [[París]] o [[13 de setembro]] de [[1818]] e finado o [[20 de xuño]] de [[1883]], foi un novelista [[Francia|francés]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2017 ás 16:45

Gustave Aimard

Gustave Aimard, pseudónimo de Olivier Gloux nado en París o 13 de setembro de 1818 e finado o 20 de xuño de 1883, foi un novelista francés.

Traxectoria

Abandonado ao nacer polos seus pais, de espírito rebelde non acepta á parella que o adopta e aos nove anos escapa da casa e marcha a América do Sur. En 1835 enrólase na mariña real, deserta en 1839 durante unha estadía en Chile, participa nas loitas contra o ditador arxentino Rosas, trasládase posteriormente a Estados Unidos, onde convive cos cheyenes.

De volta a Europa en 1847 viaxa por España, Turquía e o Cáucaso. Despois da Revolución de 1848 a súa deserción da Mariña Real quédalle perdoada e pode regresar a Francia. En 1852 volve a América, pero en 1854 regresa definitivamente a Francia e comeza a escribir a partir de 1856. As súas experiencias servíronlle para escribir numerosas novelas de oeste que se fixeron moi populares en Francia e Estados Unidos, aínda que tamén é autor de novelas marítimas e patrióticas.

En 1879, apareceu asinado por Gustave Aimard e Jules Berlioz d’Auriac, Jim l’Indien, seguida de once novelas máis, estas novelas xa apareceran antes co nome só de Jules Berlioz d’Auriac, Aimard limítase a asinar as obras sen participar na súa creación. A situación complícase ao se descubrir que as obras de Jules Berlioz d’Auriac son plaxios de obras de escritores norteamericanos poucos coñecidos, en concreto Jim l’Indien é unha tradución da obra de Edward Stewart Ellis, Indian Jim. A Tale of the Minnesota Massacre.

As súas obras están cheas de repeticións, con diálogos pouco elaborados e temáticas e personaxes repetitivas, malia iso foron un paso importante no desenvolvemento da novela de aventuras en Europa.

Obras

  • Les Trappeurs de l'Arkansas, 1858
  • Le chercheur de pistes, 1858
  • La fièvre de l'or, 1860
  • Le Guaranis, 1864
  • La guerre sainte en Alsace, 1871
  • Par mer et par terre, 1879
  • Les bandits de l'Arizona, 1882