Berdoias, Vimianzo: Diferenzas entre revisións
m →top: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña |
m →Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
[[Categoría:Parroquias de Vimianzo]] |
[[Categoría:Parroquias de Vimianzo]] |
||
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de |
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro]] |
Revisión como estaba o 16 de agosto de 2017 ás 10:19
Coordenadas: 43°3′27.35″N 9°5′9.08″O / 43.0575972, -9.0858556
Berdoias | |
---|---|
Concello | Vimianzo |
Coordenadas | 43°03′27″N 9°05′09″O / 43.05759722, -9.08585556Coordenadas: 43°03′27″N 9°05′09″O / 43.05759722, -9.08585556{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Poboación | 247 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 11 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Berdoias é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2013 tiña 247 habitantes (125 mulleres e 122 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.
Patrimonio
A Casota de Freáns é un dolmen, bo exemplo do megalitismo en Galicia. Nel pódense observar abundantes gravados, coviñas e algún elemento cruciforme, mostra da vontade de cristianización do megálito.
A capela de Santa Cristiña sitúase na aldea de Santa Cristiña, a carón dunha fonte sagrada. No chan do altar hai un pequeno receptáculo de forma rectangular cheo de terra á que se lle atribúen calidades curativas para as vacas. A tradición manda coller un puñado de terra e colgala ó pescozo das vacas durante nove días. Deste xeito a vaca estará libre de enfermidades e terá bos partos. Unha vez pasado este período de tempo, a terra debe ser devolta á ermida, e seguindo a tradición débese dar un donativo á santa a cambio do servizo prestado.
A aldea de Pedra do Frade debe o seu topónimo a unha lenda, segundo a cal un frade refuxiouse no alto dunha pedra para evitar o ataque dos lobos. Porén, alí foi devorado, estando na actualidade o lugar sinalizado cun cruceiro.
Lugares e parroquias
Lugares de Berdoias
Lugares da parroquia de Berdoias no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Berdoias | Boallo | A Bouza | A Casanova | Castrobuxán | Grixoa | Pedra do Frade | O Petón | Rego dos Podres | Romar | Santa Cristiña |