Salame: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Embutidos]] |
Revisión como estaba o 8 de marzo de 2017 ás 09:54
O salame é un embutido que se elabora cunha mestura de carnes de vacún e porco sazonadas e que é posteriormente afumada e curada ó aire, de xeito semellante ó salchichón. Case todas as variedades italianas condiméntanse con allo, non así as alemás. Tradicionalmente elaborábase con carne de porco, pero agora é cada vez máis frecuente que se faga cunha mestura de vacún (vaca) e porco. Tamén hai variedades que levan só carne de vacún. É orixinario de Hungría e Italia.
Variedades rexionais en Italia
Existen polo menos case 40 tipos diferentes de salame en Italia. Pódese identificar co contido de carne (coas mesturas de carne de porco e de tenreira) e de graxas, coas especias empregadas, na duración do secado e co diámetro do embutido. En Italia o centro da produción está en Módena dende hai xa moitos anos; con todo o salame é coñecido internacionalmente. O salame que provén de Italia está secado ó aire. Porén, o de Nápoles está lixeiramente afumado. En Monteverde, logo dun longo proceso de maduración, lógrase un exquisito sabor. Os máis coñecidos e afamados son os de Bolonia.