Salame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salame de inverno.

O salame[1][2] é un embutido que se elabora cunha mestura de carnes de vacún e porco sazonadas e que é posteriormente afumada e curada ó aire, de xeito semellante ó salchichón. Case todas as variedades italianas condiméntanse con allo, non así as alemás. Tradicionalmente elaborábase con carne de porco, pero agora é cada vez máis frecuente que se faga cunha mestura de vacún (vaca) e porco. Tamén hai variedades que levan só carne de vacún. É orixinario de Hungría e Italia.

Variedades rexionais en Italia[editar | editar a fonte]

Salame italiano (Friuli).

Existen polo menos case 40 tipos diferentes de salame en Italia. Pódese identificar co contido de carne (coas mesturas de carne de porco e de tenreira) e de graxas, coas especias empregadas, na duración do secado e co diámetro do embutido. En Italia o centro da produción está en Módena dende hai xa moitos anos; con todo o salame é coñecido internacionalmente. O salame que provén de Italia está secado ó aire. Porén, o de Nápoles está lixeiramente afumado. En Monteverde, logo dun longo proceso de maduración, lógrase un exquisito sabor. Os máis coñecidos e afamados son os de Boloña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salame.
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]