Celeiro (documento): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
"Diccionario" con dúas "c" (é anterior á norma actual)
m Arranxos varios
Liña 11: Liña 11:
O [[pergamiño]] orixinal está en [[lingua latina]] e pertence á Colección documental do Arquivo Eclesiástico da [[Catedral de León]]. As características deste pergamiño son as que seguen:
O [[pergamiño]] orixinal está en [[lingua latina]] e pertence á Colección documental do Arquivo Eclesiástico da [[Catedral de León]]. As características deste pergamiño son as que seguen:

* 495x110/140 mm, cursiva visigótica, cortado de forma irregular e coa falta dun fragmento na parte inferior que lle afecta á primeira columna de confirmantes. O seu estado de conservación é bo, en xeral, aínda que o texto está desgastado e borroso nalgunha liña.

* No dorso do pergamiño hai un texto posterior do século XVIII cunha breve descrición do pergamiño, cunha sinatura e incluíndo ''Legaxo 9º''.
* No dorso do pergamiño hai un texto posterior do século XVIII cunha breve descrición do pergamiño, cunha sinatura e incluíndo ''Legaxo 9º''.

Liña 27: Liña 27:
* [http://www.cafebarmoderno.org/web/documento.htm Unha tradución do texto a 4 idiomas, imaxes do pergamiño e bibliografía]
* [http://www.cafebarmoderno.org/web/documento.htm Unha tradución do texto a 4 idiomas, imaxes do pergamiño e bibliografía]
* [http://iglesiasantianes.galeon.com/Documentos/diploma.pdf Interpretación do texto traducido ao castelán, en pdf]
* [http://iglesiasantianes.galeon.com/Documentos/diploma.pdf Interpretación do texto traducido ao castelán, en pdf]

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Idade Media de Galicia]]
[[Categoría:Idade Media de Galicia]]

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2016 ás 20:39

Celeiro ou o diploma do rei Silo é o documento en pergamiño máis antigo conservado na Península Ibérica e fai referencia a unha doazón que o rei Silo fai a cinco frades para construíren unha igrexa[1].

Descrición

Este documento é unha doazón que o rei Silo fai o 23 de agosto de 775 a cinco frades para construíren unha igrexa entre os ríos Iube (actual río Eo) e Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia (actual río Grande, en Ribadeo) e o Mera, no lugar chamado Lucis, actualmente Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros.

... in cellarium nostro q. est inter iube et masoma inter ribulum alesancia et mera locum que dicitur lucis determinatum de ipsa uilla ubi ipse noster mellarius habitauit espasaudus et per illum pelagum nigrum et justa montem que dicitur farum et per illas sasas aluas et perilla lacuna usqua in alia lacuna est usque ad petra ficta et per illa lagenam et per ipsum uillare que dicitur desiderii et per illum arogium que dicitur alesanciam et per alia petra ficta q. stat in montem super tabulata per ipsa strata q. sclude terminum usque in locum que dicitur arcas et arogium que dicitur comasio cum omnen exitus et regreso castros duos...
Fragmento tirado da obra Crónica General del Reino de Galicia de Amor Meilán (tomo dedicado a Lugo)

Cellarium (=celeiro); Iube et Masoma (Eo e Masma); pelagium nigrum (=Pozo Negro ou Pélago, Pelamio); petra ficta (=pedra fita); sasas aluas (=acostúmase traducir Pedras Albas); lagenam> laxe, laxa; tabulata (>tablada>tabrada> Trabada)

Pergamiño

O pergamiño orixinal está en lingua latina e pertence á Colección documental do Arquivo Eclesiástico da Catedral de León. As características deste pergamiño son as que seguen:

  • 495x110/140 mm, cursiva visigótica, cortado de forma irregular e coa falta dun fragmento na parte inferior que lle afecta á primeira columna de confirmantes. O seu estado de conservación é bo, en xeral, aínda que o texto está desgastado e borroso nalgunha liña.
  • No dorso do pergamiño hai un texto posterior do século XVIII cunha breve descrición do pergamiño, cunha sinatura e incluíndo Legaxo 9º.

Notas

  1. Bieito Ledo (editor), Diccionario Enciclopédico Galego Universal, tomo 14, Ir Indo, 2003, páx. 102

Véxase tamén

Bibliografía

  • García Leal, Alfonso: El diploma del rey Silo. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa 2008 ISBN 978-84-95892-36-2

Outros artigos

Ligazóns externas