Frankenstein ou o moderno Prometeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m Atobar moveu a páxina "Frankenstein (novela)" a "Frankenstein ou o moderno Prometeo": Título en galego (hai tradución publicada)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2016 ás 20:50

Frankenstein é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos mais tarde.

Trama

A obra conta a historia de Victor Frankenstein, un científico obsesionado por retornar á vida a un corpo inerte. Tras obrar a milagre Frankenstein queda abobinado pola súa creación decide abandonala súa sorte. Está vai converterse no seu maior pesadelo.

Creación da obra

A obra nace na Villa Diodati de Xenebra, cando Lord Byron acompañado polo seu médico persoal John Polidori hospedou na súa residencia estival a Mary Shelley e ó seu home Percey Shelley, aínda que por aquel entón Mary e Percey aínda non estaban casados, el viña de ser desherdado polo seu pai tras abandonar a súa muller e fillos para poder estar coa súa amada de 16 anos. O ano 1816[1] pasou á historia como o ano sen verán, por culpa da erupción do volcán Tambora que enrareceu a atmosfera durante todo o ano. Confinados baixo o teito da vila, as conversas xiraban arredor do galvanismo e outros temas relacionados co ocultismo. Os catro, acompañados eventualmente pola medio irmá de Mary, remataron por retarse nunha competición para saber quen era capaz de escribir a mellor historia de terror. So a obra de Shelley e o The Vampyre[2] (O Vampiro) de Polidori chegarían a cristalizar. A propia autora explica moitos destes acontecementos no prólogo da propia obra[3].

Sobre estes eventos do verán de 1816 trata a película Remando al viento[4] do director ovetense Gonzalo Suárez, na que Lizzy McInnerny[5] interpreta a Mary Shelley e Hugh Grant a Lord Byron.

Se ben Byron non chegou a escribir a súa historia de terror si que compuxo o poema The Darkness[6] no que fala da escuridade deses días na Vila Diodati.

Repercusións da obra

A novela abre a porta da ciencia ficción e tanto por isto como polo seu magnetismo vai ser unha obra de referencia en moitos eidos culturais con multitude de adaptacións tanto a literatura, o cine e banda deseñada entre outras.

  1. "1816: El auténtico año sin verano", artigo en La Voz de Galicia, 25 de maio de 2014 (consultado o 2 de setembro de 2016).
  2. "The Vampyre". Goodreads. Consultado o 2016-09-02. 
  3. "Una noche, hace 200 años...". Consultado o 2016-09-02. 
  4. "Remando al viento (1988)". Consultado o 2016-09-02. 
  5. "Lizzy McInnerny". IMDb. Consultado o 2016-09-02. 
  6. "Darkness". Consultado o 2016-09-02.