Vilancico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:

Por outra banda, formalmente o vilancico converteuse nunha especie de cantata, cun esquema típico: unha introdución (para solista), un refrán (para seis, oito, dez ou doce voces) e unhas coplas (para un pequeno conxunto vocal ou voz solista) que alternaban co refrán.

Un exemplo de vilancico galego:

Vinde, vinde, vinde, vinde,

vinde, vinde, nosas queridiñas,

vinde vinde, vinde, vinde,

veréde-lo neno das mil marabillas.

¡Ai, que bunito, que lindo é!

¡Que pés, que pernas, que dentes, que maus!

¡Ai, que olliños! Son dúas estrelasM

non se viu tal no noso lugar.

Espertou rindo. Dixo: queridiñas,

calade, calade, calade, calá;

qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,

satisfaréivo-la curiosidá. (...)

== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2016 ás 15:51

Feliz Nadal, obra de Johansen Viggo

O vilancico é un subxénero da lírica consistente nunha cancionciña de corte popular, de métrica moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de estrofas iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de Nadal galegos, escritos e cantados en toda a Península durante os Séculos Escuros.

Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre panxoliñas e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o Belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no século XV e XVI, non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

Hai moita documentación sobre vilancicos a través das partituras que quedan nas principais catedrais galegas, entre as que destacan as de Mondoñedo e a de Santiago polo número de textos conservados.

Por outra banda, formalmente o vilancico converteuse nunha especie de cantata, cun esquema típico: unha introdución (para solista), un refrán (para seis, oito, dez ou doce voces) e unhas coplas (para un pequeno conxunto vocal ou voz solista) que alternaban co refrán.

Un exemplo de vilancico galego:

Vinde, vinde, vinde, vinde,

vinde, vinde, nosas queridiñas,

vinde vinde, vinde, vinde,

veréde-lo neno das mil marabillas.

¡Ai, que bunito, que lindo é!

¡Que pés, que pernas, que dentes, que maus!

¡Ai, que olliños! Son dúas estrelasM

non se viu tal no noso lugar.

Espertou rindo. Dixo: queridiñas,

calade, calade, calade, calá;

qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,

satisfaréivo-la curiosidá. (...)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alén, Pilar. Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Ed.. A Nosa Terra, 1997.
  • Villanueva, Carlos. Los Villancicos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994

Ligazóns externas