Salchicha: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
*Sándwiches > sándwichs.
Liña 5: Liña 5:
Para a súa elaboración adóitase aproveitar as partes do animal que, aínda que sexan comestibles e adoito nutritivas, non teñen un aspecto particularmente apetitoso, como a graxa, as vísceras e o sangue. Esta carne é introducida nunha envoltura, que tradicionalmente é o intestino do [[animal]], aínda que actualmente se utiliza [[coláxeno]], [[celulosa]] ou incluso [[plástico]], especialmente na produción industrial.
Para a súa elaboración adóitase aproveitar as partes do animal que, aínda que sexan comestibles e adoito nutritivas, non teñen un aspecto particularmente apetitoso, como a graxa, as vísceras e o sangue. Esta carne é introducida nunha envoltura, que tradicionalmente é o intestino do [[animal]], aínda que actualmente se utiliza [[coláxeno]], [[celulosa]] ou incluso [[plástico]], especialmente na produción industrial.


Os ''perritos calientes'' (tradución literal do inglés '''''hotdog''''') son unha especie de sándwiches de salchicha feitos cun [[pan]] alongado da mesma lonxitude que a salchicha e aos que se lle engaden a miúdo [[ketchup]] e [[Mostaza (condimento)|mostaza]]. Se se come unha salchicha xunto cun tipo especial de pan adopta o nome de ''pancho''.
Os ''perritos calientes'' (tradución literal do inglés '''''hotdog''''') son unha especie de sándwichs de salchicha feitos cun [[pan]] alongado da mesma lonxitude que a salchicha e aos que se lle engaden a miúdo [[ketchup]] e [[Mostaza (condimento)|mostaza]]. Se se come unha salchicha xunto cun tipo especial de pan adopta o nome de ''pancho''.


==Tipos de salchichas==
==Tipos de salchichas==

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2016 ás 16:14

Salchichas cociñadas.

A salchicha é un preparado cárnico de orixe alemá a base de carne picada, xeralmente de porco e algunhas veces vacún, que ten forma alongada e cilíndrica.

Para a súa elaboración adóitase aproveitar as partes do animal que, aínda que sexan comestibles e adoito nutritivas, non teñen un aspecto particularmente apetitoso, como a graxa, as vísceras e o sangue. Esta carne é introducida nunha envoltura, que tradicionalmente é o intestino do animal, aínda que actualmente se utiliza coláxeno, celulosa ou incluso plástico, especialmente na produción industrial.

Os perritos calientes (tradución literal do inglés hotdog) son unha especie de sándwichs de salchicha feitos cun pan alongado da mesma lonxitude que a salchicha e aos que se lle engaden a miúdo ketchup e mostaza. Se se come unha salchicha xunto cun tipo especial de pan adopta o nome de pancho.

Tipos de salchichas

Existen no mundo numerosos tipos de salchichas, segundo o tipo de carne empregada, así como os demais ingredientes (como especias). Na cociña alemá existen diversas categorías de salchichas:

  • Bratwurst, elaborada con carne de porco e de vaca destinada para asar.
  • Brühwurst, salchicha escaldada que a maioría das veces se come cocida.
  • Weisswurst
  • Frankfurter Würstchen, máis coñecida como frankfurt.
  • Käsekrainer, carne de porco e queixo.

Algunhas cociñas ou gastronomías do mundo teñen salchichas que non conteñen carne como é o caso da Erbswurst (salchicha de chícharos) na cociña alemá e a farinheira (salchicha de fariña) na cociña portuguesa.

Véxase tamén