María José Alonso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 33: Liña 33:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===

* [http://galegos.galiciadigital.com/gl/maria-jose-alonso-fernandez María José Alonso Fernández] en Galegos. GaliciaDigital.
* [http://galegos.galiciadigital.com/gl/maria-jose-alonso-fernandez María José Alonso Fernández] en Galegos. GaliciaDigital.
* [http://politica.elpais.com/politica/2011/10/07/biografiaeldebate/1318005616_679712.html María José Alonso] Diario ''El País'' (España). Consultado o 03/03/2016.

=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://webspersoais.usc.es/persoais/mariaj.alonso/index.html M.J. Alonso Lab] Crurrículo de M. J. Alonso, [[USC]] {{en}}
* [http://webspersoais.usc.es/persoais/mariaj.alonso/index.html M.J. Alonso Lab] Crurrículo de M. J. Alonso, [[USC]] {{en}}
Liña 46: Liña 49:
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Personalidades da farmacia]]
[[Categoría:Farmacéuticos]]

Revisión como estaba o 3 de marzo de 2016 ás 18:16

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959, e unha farmacéutica, catedrática e académica especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Traxectoria

En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutorado. Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón, como catedrática desde 1998.

Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).

Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[1]

Actividades realizadas

Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[2] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais.

Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.

É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society Inc. (1995-98), membro de Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.

Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: Pharmaceutical Research, Journal of Controlled Release, International Journal of Pharmaceutics, European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics, European Journal of Pharmaceutical Sciences, Drug Development and Industrial Pharmacy, Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.

M. J. Alonso está incluída no ranking dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[3] [4]

A profesora Alonso é membro da Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias,[5] [6] e da Real Academia Nacional de Farmacia de España.[7]

Premios

  • 1985: Premio Extraordinario de Doutorado en Farmacia, USC.[1]
  • 2011: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.[3] [8]
  • 2011: Premio Nóvoa Santos.[4]
  • 2013: Premio Mª Josefa Wonenburger.[9]
  • 2014: Premio Maurice-Marie Janot.[10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas