Colexio dos xesuítas de Camposancos: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Compañía de Xesús mediante HotCat |
|||
Liña 20: | Liña 20: | ||
No ano 2007 estreouse o [[documental]] ''Memorial de Camposancos'', de José Ballesta ([[Vigo]], 1964), que conta a historia do centro.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/03/5772333.shtml "El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película"] ''[[La Voz de Galicia]]'' 3/5/2007 {{Es}}.</ref><ref>[http://culturagalega.org/noticia.php?id=9382 ''A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil''] [[CCG]].</ref> |
No ano 2007 estreouse o [[documental]] ''Memorial de Camposancos'', de José Ballesta ([[Vigo]], 1964), que conta a historia do centro.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/03/5772333.shtml "El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película"] ''[[La Voz de Galicia]]'' 3/5/2007 {{Es}}.</ref><ref>[http://culturagalega.org/noticia.php?id=9382 ''A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil''] [[CCG]].</ref> |
||
Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do |
Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista [[Valery Karpin]], para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.<ref name="CPSM"/> |
||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2016 ás 19:41
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 8 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Coordenadas: 41°53′19.1″N 8°51′3.48″O / 41.888639, -8.8509667 [[Ficheiro:|Colexio dos xesuítas de Camposancos, en ruínas.]]
O Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) hoxe en ruínas, foi xermolo das universidades de Deusto e Comillas.
Historia
Situado á beira do Río Miño, preto da desembocadura, foi fundado en 1875. Por primeira vez en España, os xesuítas intentaban instituír unha universidade privada. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a Universidade de Deusto e a Universidade Pontificia de Comillas. Entre os profesores máis destacados estivo Baltasar Merino e entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio están o político pontevedrés Manuel Portela Valladares, que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa república; José María Montenegro Soto; Ramón María Aller; Xosé Franco Montes; Antón Losada Diéguez, Javier Bugallal Pérez de Castro; Manoel de Oliveira ou Javier Ozores Pedrosa.
En 1916 os ocupantes trasládanse a Vigo e ceden as instalacións a xesuítas portugueses, procedentes dun colexio de Lisboa, porén baixo o mandato da Segunda República a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.
Campo de concentración
- Artigo principal: Campo de concentración de Camposancos.
O recinto, convertido en hospital, empregouse, entre 1938 e 1941, durante a Guerra Civil Española e a posguerra, como campo de concentración e acolleu prisioneiros políticos e combatentes do exército republicano.[1]. Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado, en 1938, por 1 066 reos, cando a capacidade (segundo informe oficial do réxime franquista) era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el, pero oscila entre os 2 000 e os 3 000 presos.
En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor anterior e pechou as aulas en 1959.
Tralo abandono
No ano 2007 estreouse o documental Memorial de Camposancos, de José Ballesta (Vigo, 1964), que conta a historia do centro.[2][3]
Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista Valery Karpin, para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Alonso, Sara "Camposancos pierde su memoria" El País, 4/9/2012 (en castelán).
- ↑ "El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película" La Voz de Galicia 3/5/2007 (en castelán).
- ↑ A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil CCG.
Véxase tamén
Bibliografía
- García Lago, Antonio (1998) "Colegio de los Jesuitas en O Pasaxe" en Crónica biográfica de Camposancos y su entorno. ISBN 84-605-6675-7 (en castelán).
- Laurelo Roa, Marcelino (1999). "Campo de concentración de Camposancos" en La libertad es un bien muy preciado. Consejos de Guerra celebrados en Gijón y Camposancos… ISBN 978-84-931175-0-4 (en castelán).