Giuseppe Piazzi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2: Liña 2:
'''Giuseppe Piazzi''', nado en [[Ponte in Valtellina]] o [[7 de xullo]] de [[1746]] e finado en [[Nápoles]] o [[22 de xullo]] de [[1826]], foi un astrónomo e sacerdote [[italia]]no. Fundou o observatorio astronómico de Palermo.

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
O [[1 de xaneiro]] de [[1801]], descubriu un obxecto estelar que se desprazaba polo fondo de estrelas: o seu movemento era retrógrado primeiro e directo despois, de modo que pensou que era un novo [[planeta]]; na carta remitida ao seu amigo Barnaba Oriano, de [[Milán]], así o indicaba aínda que cando escribiu a Joseph Lalande (en [[París]]) e a Johann Elert Bode (en [[Berlín]]) non quixo arriscarse: anuncioulles o descubrimento dun novo "[[cometa]]".

Liña 11: Liña 11:
Aos poucos días [[William Herschel]], co seu gran reflector utilizando elevados aumentos, determinaba o diámetro micrométrico do cuerpo e, baseándose na distancia (determinada polo cálculo orbital de Gauss), o tamaño real do mesmo: en torno a 260 km. Se era un [[planeta]] era demasiado pequeno. En marzo de [[1803]] un novo "[[planeta]]" (máis tarde [[asteroide]], nome suxerido por Herschel) sumábase á lista ao descubrir [[Heinrich Olbers]] o diminuto Palas.

Piazzi adicouse durante moito tempo a elaborar un catálogo de [[estrela (astronomía)|estrela]]s, hoxe en desuso, que presentaba a posición exacta dalgúns miles delas. Este sería superado polo de [[Friedrich Bessel]] primeiro (uns 75 000 estrelas) e [[Friedrich Argelander]] despois (máis de 259 000).
Piazzi adicouse durante moito tempo a elaborar un catálogo de [[estrela (astronomía)|estrelas]], hoxe en desuso, que presentaba a posición exacta dalgúns miles delas. Este sería superado polo de [[Friedrich Bessel]] primeiro (uns 75 000 estrelas) e [[Friedrich Argelander]] despois (máis de 259 000).
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Personalidades da astronomía]]
[[Categoría:Personalidades da astronomía]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2015 ás 22:39

Giuseppe Piazzi

Giuseppe Piazzi, nado en Ponte in Valtellina o 7 de xullo de 1746 e finado en Nápoles o 22 de xullo de 1826, foi un astrónomo e sacerdote italiano. Fundou o observatorio astronómico de Palermo.

Traxectoria

O 1 de xaneiro de 1801, descubriu un obxecto estelar que se desprazaba polo fondo de estrelas: o seu movemento era retrógrado primeiro e directo despois, de modo que pensou que era un novo planeta; na carta remitida ao seu amigo Barnaba Oriano, de Milán, así o indicaba aínda que cando escribiu a Joseph Lalande (en París) e a Johann Elert Bode (en Berlín) non quixo arriscarse: anuncioulles o descubrimento dun novo "cometa".

Piazzi bautizouno co nome de Ceres Ferdinandea, pola deusa grega e siciliana, e polo rei Fernando IV de Nápoles e Sicilia. Máis adiante, o Ferdinandea eliminouse por razóns políticas. Ceres resulou ser o primeiro asteroide que se observaba do cinturón de asteroides e, ata agora, o de maior tamaño coñecido.

Poucas semanas despois perdeuse no resplandor solar de ocaso. Baseándose nas poucas observacións dispoñibles, Gauss creou unha ferramenta matemática nova, coa cal puido predicir a posición do asteroide. Meses máis tarde recuperábase novamente Ceres.

Aos poucos días William Herschel, co seu gran reflector utilizando elevados aumentos, determinaba o diámetro micrométrico do cuerpo e, baseándose na distancia (determinada polo cálculo orbital de Gauss), o tamaño real do mesmo: en torno a 260 km. Se era un planeta era demasiado pequeno. En marzo de 1803 un novo "planeta" (máis tarde asteroide, nome suxerido por Herschel) sumábase á lista ao descubrir Heinrich Olbers o diminuto Palas.

Piazzi adicouse durante moito tempo a elaborar un catálogo de estrelas, hoxe en desuso, que presentaba a posición exacta dalgúns miles delas. Este sería superado polo de Friedrich Bessel primeiro (uns 75 000 estrelas) e Friedrich Argelander despois (máis de 259 000).