Ilmenita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 24: Liña 24:
== Depósitos na España ==
== Depósitos na España ==


Nas areas do [[Sil]] e en xeral en todos os areais do noroeste da [[Galiza]], especialmente en [[Ortigueira]], [[Ría de Cedeira]] ou [[Cabo Prior]]. En [[Principado de Asturias|Asturias]]. En Horcajuelo, en Somosierra ([[Madrid]]) e na Serra de Guadarrama, na [[provincia de Ávila]] e na [[provincia de Segovia]]. En Tibidabo, Valvidrera, Molins de Rey, Montseny, Sant Climent de Llobregat, Santa Creu de Olorde ([[Barcelona]]) e Val de Arán ([[provincia de Lleida]]). Na Serra de Gata e en Logrosan ([[Cáceres]]). En [[Andalucía]] pode encontrarse en [[Játar]], [[Gobantes]] e [[Archidona]], [[provincia de Sevilla]], en [[Serra Nevada]], nalgunhas praias da [[provincia de Cádiz]], da [[provincia de Huelva]] e do [[Cabo de Gata]].
Nas areas do [[Sil]] e en xeral en todos os areais do noroeste da [[Galiza]], especialmente en [[Ortigueira]], [[Ría de Cedeira]] ou [[Cabo Prior]]. En [[Principado de Asturias|Asturias]]. En Horcajuelo, en Somosierra ([[Madrid]]) e na Serra de Guadarrama, na [[provincia de Ávila]] e na [[provincia de Segovia]]. En [[Tibidabo]], [[Vallvidrera]], [[Molins de Rei]], [[Montseny]], [[Sant Climent de Llobregat]], [[Santa Creu d'Olorda]] ([[Provincia de Barcelona|Barcelona]]) e [[Val de Arán]] ([[provincia de Lleida|Lleida]]). Na Serra de Gata e en Logrosan ([[Provincia de Cáceres|Cáceres]]). En [[Andalucía]] pode encontrarse en [[Játar]], [[Gobantes]] e [[Archidona]], [[provincia de Sevilla]], en [[Serra Nevada]], nalgunhas praias da [[provincia de Cádiz]], da [[provincia de Huelva]] e do [[Cabo de Gata]].


== Usos ==
== Usos ==

Revisión como estaba o 15 de outubro de 2015 ás 22:20

Ilmenita
Fórmula químicaFeTiO3
ClaseÓxido
Sistema cristalinoHexagonal
CorNegra
BrilloDe metálico a submetálico
Dureza5,5 - 6 (escala de Mohs)
RaiaNegra arroibada
Densidade4,7 g/cm³.


A ilmenita (FeTiO3) é un mineral feblemente magnético, de color negra ou gris, que se encontra nas rochas metamórficas e nas rochas básicas eruptivas (gabro, diabasa, piroxenita). O nome provén das montañas "Ilmen" en Rusia, un dos principais depósitos. A maioría da ilmenita atópase recuberta de capas, como por exemplo, de area de praia. Contén o 47,34% de FeO e o 52,66% de TiO2, aínda que esta proporción é variable pola entrada do óxido férrico, reemprazable por magnesio e manganeso.

Preséntase en forma de cristais normalmente tabulares delgados e romboédricos. Nas areas das praias acostuman estar partículas moi miúdas deste mineral, con diámetros de entre 0,1 e 0,2 mm.

Ilmenita lunar

Achouse ilmenita nas rochas da Lúa e no 2005,[1] a NASA utilizou o Telescopio Espacial Hubble para localizar lugares potencialmente ricos en ilmenita. Este mineral podería ser fundamental á hora de crear unha base lunar; xa que proporcionaría unha fonte de ferro e titanio para os elementos estruturais, ademais de poder obterse osíxeno con el.

Depósitos na España

Nas areas do Sil e en xeral en todos os areais do noroeste da Galiza, especialmente en Ortigueira, Ría de Cedeira ou Cabo Prior. En Asturias. En Horcajuelo, en Somosierra (Madrid) e na Serra de Guadarrama, na provincia de Ávila e na provincia de Segovia. En Tibidabo, Vallvidrera, Molins de Rei, Montseny, Sant Climent de Llobregat, Santa Creu d'Olorda (Barcelona) e Val de Arán (Lleida). Na Serra de Gata e en Logrosan (Cáceres). En Andalucía pode encontrarse en Játar, Gobantes e Archidona, provincia de Sevilla, en Serra Nevada, nalgunhas praias da provincia de Cádiz, da provincia de Huelva e do Cabo de Gata.

Usos

A maioría da ilmenita emprégase en aliaxes especiais para a industria aeroespacial e para pigmentos. O produto aquí é o dióxido de titanio, que é unha sustancia extremadamente branca usada como base para diferentes tipos de pinturas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas