Cingulados: Diferenzas entre revisións
arranxiños |
|||
Liña 6: | Liña 6: | ||
| image_width = 260px |
| image_width = 260px |
||
| image_caption = Armadillo de nove bandas (''[[Dasypus novemcinctus]]'') |
| image_caption = Armadillo de nove bandas (''[[Dasypus novemcinctus]]'') |
||
| regnum = |
| regnum = [[Animalia]] |
||
| subregnum = ''[[Eumetazoa]]'' |
| subregnum = ''[[Eumetazoa]]'' |
||
| infraregnum = ''[[Bilateria]]'' |
| infraregnum = ''[[Bilateria]]'' |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
:''Véxase o texto'' |
:''Véxase o texto'' |
||
}} |
}} |
||
A dos '''cingulados''' (''Cingulata'') é unha |
A dos '''cingulados''' (''Cingulata'') é unha [[orde (bioloxía)|orde]] de [[mamíferos]] [[placentarios]] propios do [[América|continente americano]]. |
||
A [[familia (biología)|familia]] dos [[dasipódidos]] (''Dasypodidae''), que comprende os [[armadillo]]s, é a única que sobrevive hoxe en día. |
A [[familia (biología)|familia]] dos [[dasipódidos]] (''Dasypodidae''), que comprende os [[armadillo]]s, é a única que sobrevive hoxe en día. |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
Os [[dente]]s son numerosos, até 25 en cada [[mandíbula]]), simples, cilíndricos e uniformes, sen esmalte e con raíces abertas, e de crecemento continuo. Son [[insectívoros]] e [[omnívoro]]s [[Necrofaxia|necrófagos]]. |
Os [[dente]]s son numerosos, até 25 en cada [[mandíbula]]), simples, cilíndricos e uniformes, sen esmalte e con raíces abertas, e de crecemento continuo. Son [[insectívoros]] e [[omnívoro]]s [[Necrofaxia|necrófagos]]. |
||
== Taxonomía == |
== Taxonomía == |
||
=== Descrición === |
=== Descrición === |
||
A orde dos ''Cingulata'' foi descrita en [[1811]] polo [[zoólogo]] [[Alemaña|alemán]] [[Johann Karl Wilhelm Illiger]].<ref name=M>[http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp?id=11700001 ''Cingulata''] no [[MSW]]''.</ref> |
A orde dos ''Cingulata'' foi descrita en [[1811]] polo [[zoólogo]] [[Alemaña|alemán]] [[Johann Karl Wilhelm Illiger]].<ref name=M>[http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp?id=11700001 ''Cingulata''] no [[MSW]]''.</ref> |
Revisión como estaba o 25 de setembro de 2015 ás 21:54
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Cingulados Cingulata Rango fósil: paleoceno – actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Armadillo de nove bandas (Dasypus novemcinctus) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familias, Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos cingulados (Cingulata) é unha orde de mamíferos placentarios propios do continente americano.
A familia dos dasipódidos (Dasypodidae), que comprende os armadillos, é a única que sobrevive hoxe en día.
Características
Os cingulados separáronse pouco do plano ancestral placentario, e son un grupo moi antigo, xa diferenciado no paleoceno.[1]
As especies actuais son nocturnas e escavadoras, e están protexidas por placas óseas na piel, cubertas por escudos córneos; os membos dalgúns xéneros poden enrolarse en forma de bóla.
Os dentes son numerosos, até 25 en cada mandíbula), simples, cilíndricos e uniformes, sen esmalte e con raíces abertas, e de crecemento continuo. Son insectívoros e omnívoros necrófagos.
Taxonomía
Descrición
A orde dos Cingulata foi descrita en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger.[2]
Etimoloxía
O nome científico Cingulata é o nominativo plural do adxectivo do latín científico cingulatus, -a, -um, derivado do nome do latín clásico cingula, -ae, "cincha", "cinto", aludindo aos cintos de duras escamas que presentan estes animais no dorso e nos flancos.
Clasificación
Na actualidade, esta orde só conta con unha familia, a dos dasipódidos,[2] coas subfamilias e xéneros seguintes:[3]
Orde Cingulata
- Familia Dasypodidae
- Subfamilia Dasypodinae
- Xénero Dasypus
- Subfamilia Euphractinae
- Xénero Calyptophractus
- Xénero Chaetophractus
- Xénero Chlamyphorus
- Xénero Euphractus
- Xénero Zaedyus
- Subfamilia Tolypeutinae
- Xénero Cabassous
- Xénero Priodontes
- Subfamilia Dasypodinae
Armadillos xigantes
Durante o plistoceno e períodos anteriores, ademais dos modernos armadillos existiron tamén armadillos xigantes, como os gliptodontes, que se diferenciaron no eoceno superior e que tiñan un cranio e un caparazón formado por moitas pezas pequenas fusionadas e, en ocasións, unha cola en forma de maza. Mostran unha notábel converxencia coas tarturugas e algúns dinosauros (anquilosauros).[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.
- ↑ 2,0 2,1 Cingulata no MSW.
- ↑ Dasipodidae no MSW.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cingulados |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cingulados |