Idade de ouro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "miniatura|''A idade de ouro'' segundo [[Pietro da Cortona (1640)]] A '''Idade de ouro''' (en Lingua grega antiga|gr..."
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
m faltaba un s
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:The_Golden_Age_(fresco_by_Pietro_da_Cortona).jpg|miniatura|''A idade de ouro'' segundo [[Pietro da Cortona]] (1640)]]
[[Ficheiro:The_Golden_Age_(fresco_by_Pietro_da_Cortona).jpg|miniatura|''A idade de ouro'' segundo [[Pietro da Cortona]] (1640)]]
A '''Idade de ouro''' (en [[Lingua grega antiga|grego antigo]] ξρυσόν γένος, en [[Lingua latina|latín]] ''aurea aetas'' ou ''Saturnia regna'' "reino de Saturno") é o nome dado, na [[Grecia antiga]] e no [[Roma Antiga|mundo romano]], ó [[mito]] que define o período seguinte á [[Creación]] do home e que se asocia coa inocencia e a [[felicidade]], nunha clase de alegoría coa [[infancia]] da humanidade. Para os romanos esta idade estaba marcada tamén pola ausencia de tempo (sempre era [[primavera]]), que é quen altera e fai dexenerar as cousas. Por extensión aplícase tamén ó termo "idade de ouro" en períodos de auxe cultural de diferentes nación. É unha das [[Mito das idades|idades do home]] segundo [[Hesíodo]].
A '''Idade de ouro''' (en [[Lingua grega antiga|grego antigo]] ξρυσόν γένος, en [[Lingua latina|latín]] ''aurea aetas'' ou ''Saturnia regna'' "reino de Saturno") é o nome dado, na [[Grecia antiga]] e no [[Roma Antiga|mundo romano]], ó [[mito]] que define o período seguinte á [[Creación]] do home e que se asocia coa inocencia e a [[felicidade]], nunha clase de alegoría coa [[infancia]] da humanidade. Para os romanos esta idade estaba marcada tamén pola ausencia de tempo (sempre era [[primavera]]), que é quen altera e fai dexenerar as cousas. Por extensión aplícase tamén ó termo "idade de ouro" en períodos de auxe cultural de diferentes nacións. É unha das [[Mito das idades|idades do home]] segundo [[Hesíodo]].


Esta idade asimílase nun estilo de vida bucólico e pastoral (como a Arcadia mitolóxica), recreado en xéneros como a [[égloga]], lonxe da cidade que é símbolo de pecado (esta asociación ''campo-virtude'' oposta a ''urbe-vicio'' é recorrente ó longo da historia da cultura); había poucos homes, que vivían sen necesidade de traballar pola abundancia de recursos e nunha igualdade perfecta (unha das metas da [[utopía]] política).
Esta idade asimílase nun estilo de vida bucólico e pastoral (como a Arcadia mitolóxica), recreado en xéneros como a [[égloga]], lonxe da cidade que é símbolo de pecado (esta asociación ''campo-virtude'' oposta a ''urbe-vicio'' é recorrente ó longo da historia da cultura); había poucos homes, que vivían sen necesidade de traballar pola abundancia de recursos e nunha igualdade perfecta (unha das metas da [[utopía]] política).

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2015 ás 21:00

A idade de ouro segundo Pietro da Cortona (1640)

A Idade de ouro (en grego antigo ξρυσόν γένος, en latín aurea aetas ou Saturnia regna "reino de Saturno") é o nome dado, na Grecia antiga e no mundo romano, ó mito que define o período seguinte á Creación do home e que se asocia coa inocencia e a felicidade, nunha clase de alegoría coa infancia da humanidade. Para os romanos esta idade estaba marcada tamén pola ausencia de tempo (sempre era primavera), que é quen altera e fai dexenerar as cousas. Por extensión aplícase tamén ó termo "idade de ouro" en períodos de auxe cultural de diferentes nacións. É unha das idades do home segundo Hesíodo.

Esta idade asimílase nun estilo de vida bucólico e pastoral (como a Arcadia mitolóxica), recreado en xéneros como a égloga, lonxe da cidade que é símbolo de pecado (esta asociación campo-virtude oposta a urbe-vicio é recorrente ó longo da historia da cultura); había poucos homes, que vivían sen necesidade de traballar pola abundancia de recursos e nunha igualdade perfecta (unha das metas da utopía política).

Véxase tamén