Heroína (filme): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MVF (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Heroína''' é unha película de Gerardo Herrero, coprodución galega estreada en 2005 e baseada na historia e na figura de Carmen Avendaño, unha das nais fundadoras do...
 
Sen resumo de edición
Liña 71: Liña 71:
*[http://www.imdb.com/title/tt0436385/ IMDB]
*[http://www.imdb.com/title/tt0436385/ IMDB]
*[http://www.culturagalega.org/avg//produccion.php?Cod_prdccn=555&busca=Hero%EDna Consello da Cultura Galega]
*[http://www.culturagalega.org/avg//produccion.php?Cod_prdccn=555&busca=Hero%EDna Consello da Cultura Galega]

[[Category:Películas]]
[[Category:Cine producido en Galicia]][[Category:Cine en lingua castelá]][[Category:Cine 2005]]
[[Category:Estreas en versión galega]]

Revisión como estaba o 21 de abril de 2007 ás 14:08

Heroína é unha película de Gerardo Herrero, coprodución galega estreada en 2005 e baseada na historia e na figura de Carmen Avendaño, unha das nais fundadoras do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia.

Adriana Ozores, que foi nominada ó Goya a mellor actriz protagonista por este papel, encabeza un reparto que se completa con multitude de caras coñecidas do panorama do audiovisual galego.

Argumento

Estamos en Galicia, nos anos oitenta. Pilar (Adriana Ozores) é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incertidume vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas. ¿Poderá a loita de Pilar salvar tamén a vida do seu propio fillo?

Fonte: [Consello da Cultura Galega]

Reparto

Ligazóns externas