Vilancico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1232283
Liña 11: Liña 11:
===Bibliografía===
===Bibliografía===
* Alén, Pilar. ''Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos''. Ed.. A Nosa Terra, 1997.
* Alén, Pilar. ''Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos''. Ed.. A Nosa Terra, 1997.
* Villanueva, Carlos. ''Los Villancicos gallegos''. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994
* [[Carlos Villanueva|Villanueva, Carlos]]. ''Los Villancicos gallegos''. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994


===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2014 ás 07:09

Feliz Nadal, obra de Johansen Viggo

O vilancico é un subxénero da lírica consistente nunha cancionciña de corte popular, de métrica moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de estrofas iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de Nadal galegos, escritos e cantados en toda a Península durante os Séculos Escuros.

Carlos Villanueva, profesor da Universidade de Santiago e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre panxoliñas e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o Belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no século XV e XVI, non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

Hai moita documentación sobre vilancicos a través das partituras que quedan nas principais catedrais galegas, entre as que destacan as de Mondoñedo e a de Santiago polo número de textos conservados.

Por outra banda, formalmente o vilancico converteuse nunha especie de cantata, cun esquema típico: unha introdución (para solista), un refrán (para seis, oito, dez ou doce voces) e unhas coplas (para un pequeno conxunto vocal ou voz solista) que alternaban co refrán.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alén, Pilar. Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Ed.. A Nosa Terra, 1997.
  • Villanueva, Carlos. Los Villancicos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994

Ligazóns externas