Arroz moreno: Diferenzas entre revisións
Liña 3: | Liña 3: | ||
== Características == |
== Características == |
||
Ten máis valor nutritivo ca o [[arroz branco]] por mor de que o farelo contén moitos elementos como [[fibra alimentaria|fibra]], [[Vitamina B1|vitaminas B1]] (tiamina), [[Vitamina B2|vitaminas B2]](riboflavina), [[Vitamina B3|B3]] (niacinamida), [[vitamina D]], [[ferro]], [[magnesio]], [[calcio]] e [[potasio]] que se perden coa moedura á que é sometido o arroz branco. O arroz moreno tamén conserva o xerme que aporta [[proteína]]s e [[ácidos graxos]], así como a súa camada de [[aleurona]]s que contén elementos que eliminan a [[anxiotensina]] que inflúe no deselvolvemento da [[arteriosclerose]] e maila [[Hipertensión arterial|hipertensión]].<ref>[http://www.sciencedaily.com/releases/2010/04/100426151625.htm Brown Rice and Cardiovascular Protection], ScienceDaily, 27 de abril de 2010, consultado o 23/02/2011 (en inglés)</ref> |
Ten máis valor nutritivo ca o [[arroz branco]] por mor de que o farelo contén moitos elementos como [[fibra alimentaria|fibra]], [[Vitamina B1|vitaminas B1]] (tiamina), [[Vitamina B2|vitaminas B2]](riboflavina), [[Vitamina B3|B3]] (niacinamida), [[vitamina D]], [[ferro]], [[magnesio]], [[calcio]] e [[potasio]] que se perden coa moedura á que é sometido o arroz branco. O arroz moreno tamén conserva o xerme que aporta [[proteína]]s e [[Ácido graxo|ácidos graxos]], así como a súa camada de [[aleurona]]s que contén elementos que eliminan a [[anxiotensina]] que inflúe no deselvolvemento da [[arteriosclerose]] e maila [[Hipertensión arterial|hipertensión]].<ref>[http://www.sciencedaily.com/releases/2010/04/100426151625.htm Brown Rice and Cardiovascular Protection], ScienceDaily, 27 de abril de 2010, consultado o 23/02/2011 (en inglés)</ref> |
||
Nos [[Estados Unidos]], a lexislación federal garante que os niveis de vitaminas B1, B2, B3 e D, e os niveis de [[ácido fólico]], calcio e ferro contidos no arroz non estean por baixo de certo umbral; en caso contrario o arroz ten de ser enriquecido.<ref>[http://edocket.access.gpo.gov/cfr_2001/aprqtr/21cfr137.350.htm Enriched rice], Food and Drug Administration, ''Code of Federal Regulations'', Tomo 2, Título 21, capítulo I, parte 137, sección 137.350, páxs. 384-386, consultado o 23/02/2011 (en inglés)</ref> |
Nos [[Estados Unidos]], a lexislación federal garante que os niveis de vitaminas B1, B2, B3 e D, e os niveis de [[ácido fólico]], calcio e ferro contidos no arroz non estean por baixo de certo umbral; en caso contrario o arroz ten de ser enriquecido.<ref>[http://edocket.access.gpo.gov/cfr_2001/aprqtr/21cfr137.350.htm Enriched rice], Food and Drug Administration, ''Code of Federal Regulations'', Tomo 2, Título 21, capítulo I, parte 137, sección 137.350, páxs. 384-386, consultado o 23/02/2011 (en inglés)</ref> |
Revisión como estaba o 3 de abril de 2014 ás 10:19
O arroz moreno[1], chamado tamén arroz integral, é arroz debrullado, ao que só se lle tirou a casca exterior ou gluma, non comestíbel. Conserva o xerme íntegro coa tona de farelo que o envolve, o que lle dá unha cor morena clara.
Características
Ten máis valor nutritivo ca o arroz branco por mor de que o farelo contén moitos elementos como fibra, vitaminas B1 (tiamina), vitaminas B2(riboflavina), B3 (niacinamida), vitamina D, ferro, magnesio, calcio e potasio que se perden coa moedura á que é sometido o arroz branco. O arroz moreno tamén conserva o xerme que aporta proteínas e ácidos graxos, así como a súa camada de aleuronas que contén elementos que eliminan a anxiotensina que inflúe no deselvolvemento da arteriosclerose e maila hipertensión.[2]
Nos Estados Unidos, a lexislación federal garante que os niveis de vitaminas B1, B2, B3 e D, e os niveis de ácido fólico, calcio e ferro contidos no arroz non estean por baixo de certo umbral; en caso contrario o arroz ten de ser enriquecido.[3]
O arroz integral cómpre máis tempo de cocedura, é máis duro ca o arroz branco ao mastigar, e vólvese axiña rancio. En condicións normais o arroz moreno consérvase meses, mais para alongar o seu tempo de vida e evitar a proliferación da traza da fariña (Plodia interpunctella), recoméndanse períodos de conxelación ou envasalo ao baleiro.
En Asia, foi considerado tradicionalmente coma un alimento para pobres e tempos de penurias e guerras. Nos países occidentais, desde a segunda metade do século XX asóciaselle a miúdo coa alimentación saudábel. Maiormente é utilizado na preparación de pratos vexetarianos.
Véxase tamén
- Genmaicha, un té verde mesturado con arroz moreno, consumido no Xapón
- Hyeonmi cha, unha tisana de arroz moreno torrado, consumida en Corea e no Vietnam
Notas
- ↑ Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Brown Rice and Cardiovascular Protection, ScienceDaily, 27 de abril de 2010, consultado o 23/02/2011 (en inglés)
- ↑ Enriched rice, Food and Drug Administration, Code of Federal Regulations, Tomo 2, Título 21, capítulo I, parte 137, sección 137.350, páxs. 384-386, consultado o 23/02/2011 (en inglés)