Síndrome de Churg-Strauss: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sernostri (conversa | contribucións)
m asma fem.
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Churg-Strauss syndrome - high mag.jpg|200px|thumb|right|miniaturadaimagem|Infiltrado [[eosinófilo|eosinofílico]] nun [[pulmón]] dun paciente con '''Síndrome de Churg-Strauss'''.]]
[[Ficheiro:Churg-Strauss syndrome - high mag.jpg|200px|thumb|right|miniaturadaimagem|Infiltrado [[eosinófilo|eosinofílico]] nun [[pulmón]] dun paciente con '''Síndrome de Churg-Strauss'''.]]
A '''síndrome de Churg-Strauss''', tamén coñecida como '''granulomatose alérxica''', é unha doenza pertencente ao grupo das [[eosinofilia pulmonar|eosinofilias pulmonares]] é un tipo de [[vasculite]] autoinmune que afecta aos pequenos e medianos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], provocando un infiltrado de [[eosinófilo]]s, sobre todo no [[pulmón]]. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, [[corazón]], [[pel]] ou [[riles]]. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de [[poliarterite nodosa]], polas súas semellanzas morfolóxicas.

Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida co asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara.
Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara.
A orixe do nome vén dos [[Medicina|médicos]] [[Jacob Churg]] e [[Lotte Strauss]], que describiron o trastorno en [[1951]].<ref>http://www.harrisonmedicina.com/content.aspx?aID=3743395</ref>
A orixe do nome vén dos [[Medicina|médicos]] [[Jacob Churg]] e [[Lotte Strauss]], que describiron o trastorno en [[1951]].<ref>http://www.harrisonmedicina.com/content.aspx?aID=3743395</ref>

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2014 ás 14:55

Infiltrado eosinofílico nun pulmón dun paciente con Síndrome de Churg-Strauss.

A síndrome de Churg-Strauss, tamén coñecida como granulomatose alérxica, é unha doenza pertencente ao grupo das eosinofilias pulmonares é un tipo de vasculite autoinmune que afecta aos pequenos e medianos vasos sanguíneos, provocando un infiltrado de eosinófilos, sobre todo no pulmón. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, corazón, pel ou riles. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de poliarterite nodosa, polas súas semellanzas morfolóxicas. Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara. A orixe do nome vén dos médicos Jacob Churg e Lotte Strauss, que describiron o trastorno en 1951.[1]

Síntomas

A sintomatoloxía da síndrome depende da gravidade e tamén do etapa da enfermidade no que se atope o paciente. Básicamente, podemos diferenciar tres fases na doenza.

Diagnóstico

Probas diagnósticas

As probas diagnósticas máis empregadas para a diagnose da síndrome de Churg-Strauss son a detección de anticorpos anti-citoplasma dos neutrófilos (ANCA). Na metade dos pacientes doentes desta síndrome, os ANCA son positivos. Outras probas de laboratorio útiles son a presenza de eosinófilos (eosinofilia), o aumento da VSG (un marcador de inflamación), e unhas inmunoglobulinas E elevadas. No lavado broncoalveolar (BAL) tamén se aprecia a presenza de eosinofilia. Nunha radiografía de tórax obsérvase infiltrados pulmonares, nódulos, e incluso derrame pleural. No caso de houber dúbidas, a biopsia dun pulmón ou de outro tecido afecto pode proporcionar o diagnóstico se se atopan vasculites necrotizantes en pequenas arterias e veas, granulomas extravasculares ou infiltración de eosinófilos nos alvéolos e no intesticio.

Criterios diagnósticos

Poderemos afirmar que existe unha síndrome de Churg-Strauss se se cumplen, coma mínimo, 4 ou máis destes criterios:

  • Asma.
  • Eosinofilia (presenza de máis dun 10% de eosinófilos en sangue periférica).
  • Anormalidades nos seos paranasais.
  • Opacidades pulmonares transitorias ou migratorias.
  • Neuropatía.
  • Biopsia de vasos sanguíneos con acumulación de eosinófilos fóra do sangue, é dicir, noutros tecidos.

Tratamento

O tratamento da síndrome adoitan ser os corticoides (prednisolona) combinados con outros inmunosupresores, como poden ser azatioprina ou ciclofosfamida. Tamén hai estudos de tratamentos con montelukast.

Véxase tamén

Notas

Outros artigos