Audiovisual: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños menores; cómpre crear a categoría
o mesmo problema que marca o artigo de orixe
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=xaneiro de 2014}}
[[Ficheiro:Audiovisual.jpg|miniatura|Os compoñentes de alta calidade audiovisual reproducen a experiencia dun concerto en directo.]]
[[Ficheiro:Audiovisual.jpg|miniatura|Os compoñentes de alta calidade audiovisual reproducen a experiencia dun concerto en directo.]]



Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2014 ás 19:56

Os compoñentes de alta calidade audiovisual reproducen a experiencia dun concerto en directo.

O termo audiovisual (AV, ou A/V) fai referencia a obras cos compoñentes do son e da imaxe, á produción ou uso desas obras, ou ó equipamente empregado para a creación das devanditas. Exemplos de ditas producións son os filmes e os programas de televisión.

Nos últimos tempos as presentacións de negocios adoitan ser audiovisuais, cunha persoa proporcionando o son mediante a fala, acompañando a exposición con series de imaxes proxectadas nunha pantalla.

Percepción do audiovisual

Percepción visual

O ollo humano percibe a luz, unha parte do espectro electromagnético. O ollo recibe os estímulos dos raios de luz procedentes da contorna que atravesan o cristalino incidindo na parte posterior do ollo coñecida como retina. Alí estimulan uns foto-receptores (bastóns e conos), estes de tres tipos diferentes, sensíbeis a tres lonxitudes de onda distintas que permiten ver en tricromía, e que envían impulsos nerviosos a través do nervio óptico cara á cortiza cerebral encargada da visión, creándose así as imaxes percibidas. Xa que cada un dos ollos ten unha visión lixeiramente diferente dun obxecto, o cerebro debe encargarse de fusionar as imaxes para crear un efecto tridimensional (estereoscópico), permitindo percibir de forma instantánea a profundidade e a distancia. Na retina, ademais, dase o fenómeno da persistencia retiniana, que permite crear a sensación de movemento, aínda que realmente o percibido sexa unha sucesión de imaxes fixas a unha determinada velocidade.

Percepción auditiva

O son é unha vibración que se transmite a través dun medio. Estas vibracións transmítense pola orella a través dos ósos do oído, dos cales dependen o rango de audición do suxeito. É distinto para os humanos e para outros animais, e é maior nos individuos mozos que nos adultos ou anciáns, xa que co paso do tempo pérdense as frecuencias agudas. Estas vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos que chegan ó cerebro.

Véxase tamén

Outros artigos