Tines, Vimianzo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q11137525
+ valiosa imaxe
Liña 22: Liña 22:


==Historia==
==Historia==
[[Ficheiro:Estela de Victorino.jpg|miniatura|Estela de Tines.]]
Tines constitúe un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testemuño bárbaro, románico e prerrománico que botan luz sobre a época escura desde o [[século I]] ata unha baixa [[Idade Media]].
Tines constitúe un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testemuño bárbaro, románico e prerrománico que botan luz sobre a época escura desde o [[século I]] ata unha baixa [[Idade Media]].



Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2014 ás 19:27

Tines
ConcelloVimianzo
Coordenadas43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752Coordenadas: 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752
Poboación207 hab. (2010)
Entidades de poboación3
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2010 tiña 207 habitantes (94 homes e 113 mulleres).[1]

Situación xeográfica

Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.

Historia

Estela de Tines.

Tines constitúe un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testemuño bárbaro, románico e prerrománico que botan luz sobre a época escura desde o século I ata unha baixa Idade Media.

A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII nos que se distinguen:

  • Vestixios romanos: material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez.
  • Sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. Cabe dicir que a maior parte dos vestixios foron destruídos cando o descubrimento no 1954 e os restantes permanecen á intemperie nun profundo abandono. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI.
  • Vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.

A estela romana de Vitorino

Cabe mencionar que, agas dos sarcófagos pétreos, o descubrimento da estela romana de Vitorino é un dos máis relevantes para a cultura de Galicia. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións.

Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV. Pódese contemplar actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña.

Lugares e parroquias

Lugares de Tines

Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña)

Pazos | Romarís | Tines

Parroquias de Vimianzo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Consultado o 19 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos