Eduardo Vincenti: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) m datiños e cat |
Xas (conversa | contribucións) m + árbore xenealóxica |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
===Ligazóns externas=== |
===Ligazóns externas=== |
||
*[http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=77 Eduardo Vincenti no Álbum da ciencia] |
*[http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=77 Eduardo Vincenti no Álbum da ciencia] |
||
{{Árbore xenealóxica Montero Ríos}} |
|||
{{ORDENAR:Vincenti Reguera, Eduardo}} |
{{ORDENAR:Vincenti Reguera, Eduardo}} |
Revisión como estaba o 28 de decembro de 2013 ás 18:43
Eduardo Vincenti Reguera, nado na Coruña o 13 de outubro de 1857 e finado en Madrid o 4 de abril de 1924, foi un político galego.
Biografía
Realizou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer no periódico El Eco de Tambo e desenvolveu unha notable carreira política: militando no Partido Liberal, foi deputado por Pontevedra desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros.
En 1897 dirixiu en Madrid o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en La Revista Popular (1904).
Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos, de quen foi aliado político.
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en 1907 unha proposición de lei sobre foros e subforos.
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da Junta de Ampliaciación de Estudios.
A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.
Obras
- Estudios sobre las reformas penitenciarias (1880).
- Reformas más convenientes para el mejoramiento de la clase obrera (1884).
- La propiedad foral en Galicia (1888).
- La libertad de prensa (1902).
- Estudios sobre emigración (1908).
- La educación popular: memoria (1911).
- Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria (1916).
- El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria (1917).