Francisco Porto Rey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal que consistia na chefatura dos talleres da comapñia dos camiños de ferro de Galicia en Vilagarcia. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'' e ''Villagarcía-Carril'', e en ''[[El Eco de Galicia (Bos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario [[La Nación|''La Nación'']] ''' '''de Bos Aires onde publicou unha serie de “Cróneca(s)” de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. É de suliñar a sua colaboura con [https://gl.wikipedia.org/wiki/Alfonso_Daniel_Rodr%C3%ADguez_Castelao Alfonso Daniel Rodríguez Castelao] en diversas publicacións nas que o político nacionalista de Rianxo adoitava participar aportando as suas ilustracións.
Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal que consistia na chefatura dos talleres da [https://gl.wikipedia.org/wiki/Rede_ferroviaria_espa%C3%B1ola compañía dos camiños de ferro de Galicia] en Vilagarcia. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'' e ''Villagarcía-Carril'', e en ''[[El Eco de Galicia (Bos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario [[La Nación|''La Nación'']] ''' '''de Bos Aires onde publicou unha serie de “Cróneca(s)” de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. É de suliñar a sua colaboura con [https://gl.wikipedia.org/wiki/Alfonso_Daniel_Rodr%C3%ADguez_Castelao Alfonso Daniel Rodríguez Castelao] en diversas publicacións nas que o político nacionalista de Rianxo adoitava participar aportando as suas ilustracións.


Publicou varias obras bilingües e o ''Dicionario gallego-castellano'', que apareceu en fascículos no semanario ''Villagarcía-Carril'' ata o 17 de xuño de [[1900]] (foi reeditado pola [[Real Academia Galega]] en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o ''[[Diccionario gallego]]'' de [[Cuveiro Piñol]]. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).
Publicou varias obras bilingües e o ''Dicionario gallego-castellano'', que apareceu en fascículos no semanario ''Villagarcía-Carril'' ata o 17 de xuño de [[1900]] (foi reeditado pola [[Real Academia Galega]] en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o ''[[Diccionario gallego]]'' de [[Cuveiro Piñol]]. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2013 ás 17:10

Francisco Porto Rey, nado en Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 1876 e finado en 1941, foi un escritor galego e galeguista. Fillo de Francisco Porto Codesido (primeiro maquinista da "Sarita", a primeira máquina de tren que realizaba os traxectos do primeiro camiño de ferro de Galicia entre Carril e Santiago de Compostela) e de Carmen Rey Formoso. Tivo nove irmáns entre as que se achava Josefina Porto Rey que casou con Charles Lessner[1], enxeñeiro da Galicia Railway Company que construiu a primeira liña de ferrocarril de Galicia. A familia paterna dos Porto son procedentes de Cerdedo e según informacions da família teñen algún ancestro orixinario de Irlanda, fuxido das persecucións por parte dos ingleses[2], no século XVII, posiblemente derivada da Flight of the Earls.

Traxectoria

Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal que consistia na chefatura dos talleres da compañía dos camiños de ferro de Galicia en Vilagarcia. Colaborou en El Ciclón, El Cínife, Faro de Vigo, Galicia e Villagarcía-Carril, e en El Eco de Galicia e no diario La Nación de Bos Aires onde publicou unha serie de “Cróneca(s)” de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como Farruco Porto Rey. É de suliñar a sua colaboura con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en diversas publicacións nas que o político nacionalista de Rianxo adoitava participar aportando as suas ilustracións.

Publicou varias obras bilingües e o Dicionario gallego-castellano, que apareceu en fascículos no semanario Villagarcía-Carril ata o 17 de xuño de 1900 (foi reeditado pola Real Academia Galega en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o Diccionario gallego de Cuveiro Piñol. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).

Tivo relación coas Irmandades da Fala, o Partido Galeguista e as Xuventudes de Defensa. Tivo dezasete fillos, entre eles Xoaquín, que foi secretario do concello de Vilagarcía, e Manuel Porto Casas, apresado tralo Alzamento Nacional pola súa militancia nacionalista.

Obras

  • Las mil y una composiciones, 1894.
  • Pisto, 1894 (bilingüe).
  • Dicionario gallego-castellano, 1900
  • Papel e tinta, 1901 (bilingüe).
  • Ilusiones, 1903.
  • O Alalá, 1906 (diálogo en verso galego aparecido en Eco de Arosa).
  • Cascarrabias ou o filósofo das carqueixas, 1912.
  • Fermosinda, 1918.
  • A tola de Sobrán, 1927 (comedia nun acto estreada polo Cadro de Declamación da Irmandade da Fala da Coruña en 1920).

Notas

  1. Fillo de Friedrich Christian Eduard Leßner [Blankenhain 1825 - Londres1910] xastre de orixe alemán, exilado en Londres pola sua militancia comunista. Foi grande amigo de Karl Marx, de feito este apadriñou ao seu fillo Charles Lessner que rematou emparentando con a familia Porto de Vilagarcia de Arousa.
  2. Entrevista a Xoaquin Porto Casas, fillo de Porto Rey, en La Voz de Galicia (1994)

Véxase tamén

Ligazóns externas