Lingua éuscara: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 77: Liña 77:


== Breve vocabulario ==
== Breve vocabulario ==
* Olá: '''"Kaixo"'''
* Ola: '''"Kaixo"'''
* Bo día: '''"Egun on"'''
* Bos días: '''"Egun on"'''
* Boas tardes: '''"Arratsalde on"'''
* Boas tardes: '''"Arratsalde on"'''
* Boas noites: '''"Gabon"'''
* Boas noites: '''"Gabon"'''
* Adeus: '''"Agur"'''
* Adeus: '''"Agur"'''
* Ata logo: '''"Gero arte"'''
* Deica logo: '''"Gero arte"'''
* Por favor: '''"Mesedez"'''
* Por favor: '''"Mesedez"'''
* Perdón: '''"Barkatu"'''
* Perdón: '''"Barkatu"'''
Liña 96: Liña 96:
* Gato: '''"Katu"'''
* Gato: '''"Katu"'''
* Can: '''"Txakur"'''
* Can: '''"Txakur"'''
* Falante de éuscaro: '''"Euskaldun"'''
* Vascofalante: '''"Euskaldun"'''
* Rúa: '''"Kale"''', '''karrika'''
* Rúa: '''"Kale"''', '''karrika'''
* Festa: '''"Jai"''', '''"festa"''', '''"besta"'''
* Festa: '''"Jai"''', '''"festa"''', '''"besta"'''
* Boina: '''"Txapela"'''
* Boina: '''"Txapela"'''
* Felicidades: '''"Zorionak"'''
* Parabéns: '''"Zorionak"'''
* Nai: '''"Ama"'''
* Nai: '''"Ama"'''
* Pai: '''"Aita"'''
* Pai: '''"Aita"'''

Revisión como estaba o 7 de outubro de 2013 ás 13:20

Basque Country in Spain and France
Basque Country in Spain and France
Vasco ou Éuscaro
'Euskara ou Euskera'
Falado en: España e Francia
Rexións: País Vasco e Navarra (España),
País Vasco francés (Francia)
Total de falantes: 1.033.900
(como lingua materna: 700.000)
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Lingua illada
 Vasco ou Éuscaro
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Comunidade Autónoma Vasca e Navarra en España.
Regulado por: Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca)
Códigos de lingua
ISO 639-1: eu
ISO 639-2: baq (B)eus (T)
ISO 639-3: eus
SIL: BSQ
Mapa
Dialectos do vasco
Status

O idioma éuscaro ou vasco (euskara ou euskera en lingua vasca) é a lingua tradicional dos vascos, falada hoxe no País Vasco e Navarra en España e no Departamento de Pireneos Atlánticos en Francia, constitúe unha lingua illada arrodeada por linguas de orixe indoeuropea.

O éuscaro é unha lingua aglutinante. Algúns lingüistas considérano unha lingua illada e moi antiga, probablemente oriúnda da lingua dos primeiros pobos que migraron para a Europa. Outros, a través de comparacións, veno emparentado a linguas ata hoxe faladas no Cáucaso. De calquera forma, é unha lingua falada ou comprendida por polo menos 800.000 persoas, e que xa era falada moito antes de que os romanos introducisen o latín na Península Ibérica.

Por non ter linguas parentes coñecidas, o vasco é claramente diferente das outras linguas europeas, particularmente daquelas (que son a gran maioría) que teñen relacións de parentesco entre si no interior da familia indoeuropea. Por mor diso, creáronse sobre o éuscaro un gran número de ideas sen base lingüística, tales como o vasco é a lingua máis complexa do mundo; tódolos verbos son pasivos; e moitas outras falsidades. En realidade, o éuscaro é unha lingua coma outra calquera. A súa estrutura sentencial é practicamente idéntica á do turco ou do xaponés. A súa morfoloxía é, esa si, bastante pouco común en Europa, mais fóra de Europa poden atoparse sistemas morfolóxicos semellantes ao do vasco en centenas doutras linguas.

Distribución xeográfica

Dentro de España, o euskera fálase no País Vasco (Araba, Biscaia e Guipúscoa) e na Comunidade Foral de Navarra. Dentro de Francia fálase nunha zona integrada dentro do departamento dos Pireneos Atlánticos, nos territorios de Lapurdi, Baixa Navarra e Zuberoa; a estes tres últimos comunmente se lles denomina País Vasco francés ou Iparralde (Norte).

Antes da industrialización o euskera usábase por parte da maioría dos habitantes das zonas vascofalantes históricas. Segundo os datos de 1867 manexados por Ladislao de Velasco, falábase por 170.000 dos 176.000 habitantes de Guipúscoa, 149.000 dos 183.000 biscaíños (dos que 6.000 eran estranxeiros e 28.000 vivían no distrito de Valmaseda-Encartaciones, onde non se falaba dende tempos afastados), 12.000 dos 120.000 alaveses, 60.000 dos 300.000 habitantes da Navarra española e 80.000 dos 124.000 habitantes do País Vasco francés.

Real Academia da Lingua Vasca–Euskaltzaindia

A Euskaltzaindia foi creada en 1919. Dende a década de 1960 coordinou un importante esforzo de normalización baseándose na tradición escrita desta lingua e nos elementos comúns dos diferentes dialectos, dando como resultado euskera batúa (vasco unificado). O seu lema é Ekin eta jarrai ("Comezar e seguir").

O euskera é lingua oficial dende 1982 na Comunidade Autónoma Vasca. En Navarra, a súa situación está regulada pola Lei do Vascuence, que divide á Comunidade Foral en tres rexóns (vascófona, non vascófona e mixta). En Francia, o euskera, como outras linguas minoritarias, non ten recoñecemento oficial.

Status oficial

O recoñecemento que outorgan as institucións cara ao éuscaro varía dunha comunidade a outra, no País Vasco é oficial en todo o territorio mentres que en Navarra só na zona vascófona; este feito creou distintas formas no sistema educativo.

Dialectos

Hai actualmente oito dialectos, os cales non se confunden coas divisións políticas. Un dos primeiros estudos científicos do vasco foi feito por Louis-Lucien Bonaparte (un descendente de Napoleón).

Linguas derivadas

Hai actualmente unha versión unificada do Éuscaro (vasco) chamada batúa ("unificado" en vasco), o cal é o ensinado nas escolas. O batúa baséase principalmente no dialecto guipuscoano (onde máis se fala o vasco), aínda que inclúe tamén características dos dialectos navarros e do dialecto labortano.

Gramática

Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do Sudoeste de Europa entre as que aparece a lingua éuscara.
Porcentaxe de falantes por municipios

O vasco ten algunhas formas gramaticais pouco comúns na Europa, como o chamado ergativo, que se emprega engadindo un -k ao suxeito cando hai un verbo transitivo. O verbo auxiliar tamén reflicte o número do obxecto directo, de tal forma que o verbo auxiliar pode conter moita información (sobre o suxeito, o número do obxecto directo, se é singular ou plural, e o obxecto indirecto). De entre as linguas europeas, este sistema (inflexión do verbo auxiliar) soamente se atopa no vasco e en linguas do Cáucaso.

Por exemplo, na frase:

Martinek egunkariak erosten dizkit

que significa "Martín compra os xornais para min", Martín-ek é o suxeito (máis exactamente, un ergativo), por isto ten a terminación -k. Egunkariak ten unha terminación en -ak a cal marca o plural do obxecto (plural absolutivo, para ser exacto). O verbo é erosten dizkit, no cal erosten é un tipo de xerundio ("comprando") e o auxiliar dizkit indica:

  • di- marca un verbo contendo tanto un obxecto directo e un indirecto, no tempo presente;
  • -zki- é o numeral do obxecto directo (neste caso os xornais; se fose singular non habería sufixo); e
  • -t é a marca do obxecto indirecto: "para min".

O vasco fai distinción entre as consoantes sibilantes (z, tz), nas cales a fricción ocorre na superficie da lingua (como no "s" nas linguas francesa e inglesa), e sibilantes apicais (s, ts) onde a fricción acontece na punta da lingua (como no "s" castelán). Tamén posúe sibilantes palatais (x e tx, que soan como en galego x e ch respectivamente).

Sons palatais (explosivos: tt /c/, dd /X/; sibilantes: x /S/, tx /tS/; nasais: ñ /ñ/; laterais: ll /L/) son típicos de diminutivos, que son frecuentes en linguaxe infantil e materna (máis para mostrar afecto). Ex.:, tanta ("gota") e ttantta (gotiña). Unhas poucas palabras comúns, tales como txakur ("can"), usan sons palatais mesmo tendo perdido, no uso común, a súa característica de diminutivo; as formas correspondentes non-palatais actualmente teñen un sentido aumentativo ou pexorativo: zakur ("can grande", "chivato"). Moitos dialectos do vasco exhiben un efecto de palatalización derivado en que as consoantes que se inician no óso frontal cambian na súa correspondente palatal despois da vogal frontal alta [i]. Por exemplo, o son [n] na palabra egin (=feito) tórnase no son palatal [ñ] cando o sufixo "a" se engade, pronunciándose[eguiña] (o feito).

A letra x pronúnciase como [x], [X\], [Z], [S] ou mesmo [X] dependendo da rexión (a pronunciación [X], como o "j" castelán , é típico do País Vasco español). O sistema de vogais é o mesmo có da español para a maioría dos falantes, con 5 vogais /a, e, i, o, u/. Así a todo, os falantes do dialecto Souletino tamén teñen unha sexta vogal, frontal e arredondada, representada na escrita como ü mais soando como o francés eu (ou o alemán ö) e non como no francés u (e alemán ü).

O éuscaro mostra unha gran variación dialectal no acento tónico, dende unha tonicidade fraca nos dialectos centrais ata unha forte tonicidade noutros dialectos, con patróns variados na colocación da tonicidade. En xeral, a tonicidade non se usa para distinguir (xéneros, ou plurais, etc). Porén, hai situacións onde a tonicidade é fonoloxicamente pertinente, servindo para diferenciar entre uns poucos pares de palabras acentuadas e entre algunhas formas gramaticais (en xeral plurais doutras formas). Ex.:, basóà ("a bosque", caso absolutivo) vs. básoà ("o vaso", caso absolutivo; un préstamo do español vaso); basóàk ("a bosque", caso ergativo) vs. básoàk ("o vaso", caso ergativo) vs. básoak ("as bosques" ou "os vasos", caso absolutivo).

Dada a gran variabilidade entre os seus dialectos, a tonicidade non se indica na ortografía estándar, e a Euskaltzaindia (Academia Real da Lingua Vasca) apenas fai recomendacións xerais para unha estandarización no posicionamento da tonicidade, basicamente para colocar un acento indicador de tonicidade fraca (máis fraca que aquela do español) na segunda sílaba dun sintagma, e unha tonicidade normalmente menor na última sílaba, agás en formas plurais, cando a tonicidade se traslada para a primeira sílaba. Este sistema dá ao vasco unha "musicalidade" distinta, que diferencia a súa pronuncia dos patróns de prosodia do español. Os Euskaldunberris ("novos falantes do vasco", isto é, os que usan o vasco como segunda lingua e que teñen o español como primeira lingua) tenden a transportar os padróns da prosodia española para a súa pronuncia do vasco, dando orixe a unha pronuncia bastante desprezada, insulsa; ex.:, pronuncian nire ama ("miña nai") como nire áma (- - ? -), no canto de niré amà (- ´ - `).

Breve vocabulario

  • Ola: "Kaixo"
  • Bos días: "Egun on"
  • Boas tardes: "Arratsalde on"
  • Boas noites: "Gabon"
  • Adeus: "Agur"
  • Deica logo: "Gero arte"
  • Por favor: "Mesedez"
  • Perdón: "Barkatu"
  • Grazas: "Eskerrik asko"
  • De nada: "Ez horregatik"
  • Si: "Bai"
  • Non: "Ez"
  • Non entendo: "Ez dut ulertzen"
  • Non fumar: "Ez erre"
  • Buraco: "Zulo"
  • Casarío: "Baserri"
  • Ratiño: "Sagutxo"
  • Gato: "Katu"
  • Can: "Txakur"
  • Vascofalante: "Euskaldun"
  • Rúa: "Kale", karrika
  • Festa: "Jai", "festa", "besta"
  • Boina: "Txapela"
  • Parabéns: "Zorionak"
  • Nai: "Ama"
  • Pai: "Aita"

Véxase tamén

Michel Morvan, Diccionario etimológico vasco, Internet/Lexilogos.

Outros artigos

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA