Dialecto guipuscoano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guipuscoano ou central, segundo Koldo Zuazo.

O guipuscoano (gipuzkera en éuscaro) é un dialecto do éuscaro, tamén coñecido como dialecto central, que se fala na parte central de Guipúscoa así como no val de Sakana (Navarra).

Extensión[editar | editar a fonte]

O guipuscoano non se fala en toda Guipúscoa. Na conca do río Deba, desde Salinas de Léniz ata Elgoibar, fálase biscaíño, e en Oiartzun e na conca do río Bidasoa fálase alto-navarro. Con todo, a fronteira entre o guipuscoano e o alto-navarro está cambiando en favor dos trazos guipuscoanos, seguramente a consecuencia do prestixio que tivo durante moito tempo e a influencia dos medios de comunicación en Guipúscoa.

Variantes do guipuscoano[editar | editar a fonte]

O guipuscoano actual ten catro variantes principais:

Importancia[editar | editar a fonte]

O guipuscoano foi un dos principais dialectos históricos do éuscaro, e foi lingua literaria desde o século XVIII en diante.

Hoxe en día o guipuscoano, do mesmo xeito que os demais dialectos do éuscaro, e en xeral o éuscaro que falan os guipuscoanos, está cambiando co éuscaro batúa, debido á forza que teñen os medios de comunicación e a literatura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]