Comité Olímpico Internacional: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
O '''Comité Olímpico Internacional''' ('''COI''') con sede en [[Lausana]], foi creado o [[23 de xuño]] de [[1894]] polo Barón [[Pierre de Coubertin]] en [[París]] co fin de revivir os antigos [[Xogos Olímpicos|xogos olímpicos]] [[Grecia|gregos]]. |
O '''Comité Olímpico Internacional''' ('''COI''') (en inglés: ''International Olympic Committee'', ''IOC'', en francés: ''Comité international olympique'', ''CIO'') con sede en [[Lausana]], foi creado o [[23 de xuño]] de [[1894]] polo Barón [[Pierre de Coubertin]] en [[París]] co fin de revivir os antigos [[Xogos Olímpicos|xogos olímpicos]] [[Grecia|gregos]]. |
||
O COI coordina as actividades do [[Movemento Olímpico]]. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós [[Xogos Olímpicos]]. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos. |
O COI coordina as actividades do [[Movemento Olímpico]]. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós [[Xogos Olímpicos]]. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos. |
||
== Presidentes do COI == |
== Presidentes do COI == |
||
Desde [[1894]] o COI tivo |
Desde [[1894]] o COI tivo 9 presidentes: |
||
<center> |
<center> |
||
{| {{Táboabonita}} width=75% |
{| {{Táboabonita}} width=75% |
||
|- bgcolor="lightsteelblue" |
|- bgcolor="lightsteelblue" |
||
! |
!Nº. |
||
!Nome |
!Nome |
||
!País |
!País |
||
Liña 52: | Liña 52: | ||
| [[Jacques Rogge]] |
| [[Jacques Rogge]] |
||
| {{BEL}} |
| {{BEL}} |
||
| [[2001]] – |
| [[2001]] – 2013 |
||
|- |
|||
| 9 |
|||
| [[Thomas Bach]] |
|||
| {{BEL}} |
|||
| |
|||
2013 |
|||
|} |
|} |
||
</center> |
</center> |
Revisión como estaba o 15 de setembro de 2013 ás 00:22
O Comité Olímpico Internacional (COI) (en inglés: International Olympic Committee, IOC, en francés: Comité international olympique, CIO) con sede en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos xogos olímpicos gregos.
O COI coordina as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos.
Presidentes do COI
Desde 1894 o COI tivo 9 presidentes:
Nº. | Nome | País | Período |
---|---|---|---|
1 | Demetrius Vikelas | Grecia | 1894 – 1896 |
2 | Pierre de Coubertin | Francia | 1896 – 1925 |
3 | Henri de Baillet-Latour | Bélxica | 1925 – 1942 |
4 | Johannes Sigfrid Edström | Suecia | 1942 – 1952 |
5 | Avery Brundage | Estados Unidos | 1952 – 1972 |
6 | Lord Killanin | Modelo:RIR | 1972 – 1980 |
7 | Juan Antonio Samaranch | España | 1980 – 2001 |
8 | Jacques Rogge | Bélxica | 2001 – 2013 |
9 | Thomas Bach | Bélxica |
2013 |
Reunións do COI
Desde a súa fundación, o COI, realizaou unha serie de reunións de alto nivel onde se discutiu o pasado, presente e futuro do movemento olímpico internacional. Divídense en dous tipos, a saber:
Congresos do COI
Nos congresos, 13 na súa totalidade, celebrados en períodos de tempo irregulares, trátase sobre temas de importancia referentes ó movemento olímpico internacional nese momento; ademais exponse, discútese e conclúese sobre o nivel e historial olímpicos acadados ata ese momento e a súa proxección cara ó futuro.
- I - París, 1894
- II - O Havre, 1897
- III - Bruxelas, 1905
- IV - París, 1906
- V - Lausanne, 1913
- VI - París, 1914
- VII - Lausanne, 1921
- VIII - Praga, 1925
- IX - Berlín, 1930
- X - Varna, 1973
- XI - Baden Baden, 1981
- XII - París, 1994
- XIII - Copenhague, 2009
Sesións do COI
As Sesións do COI son xeralmente reunións de membros do COI onde se somete a votación cuestións ou accións a tomar referentes ó movemento olímpico. É o órgano supremo do COI e as súas decisións son finais. Cada membro do COI ten dereito a voto.
Unha sesión ordinaria efectúase unh vez ó ano. En caso de emerxencia ou de resolver puntos aínda pendentes, pódese chamar a unha sesión extraordinaria en conveniencia co Presidente do COI ou por petición escrita de polo menos as dúas terceiras partes dos membros.
As actividades máis importantes realizadas nas sesións son, entre outras:
- Adaptar ou modificar a Carta Olímpica.
- Elixir os membros do Comité Olímpico, o Presidente Honorario, membros honorarios e membros de honra.
- Elixir el Presidente, Vicepresidente e todos os demais membros do Corpo Executivo.
- Elixir a cidade sede dos Juegos Olímpicos.
- Determinar que deportes formarán parte do calendario olímpico e cales non.