Diocese católica latina de Donostia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
|nome latín=Diœcesis Sancti Sebastiani |
|nome latín=Diœcesis Sancti Sebastiani |
||
|imaxe=Catedral Donostia.jpg |
|imaxe=Catedral Donostia.jpg |
||
|papa={{Papa da Igrexa Católica}} |
|||
|papa=[[Francisco, papa|Francisco]] |
|||
|bispo=[[José Ignacio Munilla]] |
|bispo=[[José Ignacio Munilla]] |
||
|emérito=[[Juan María Uriarte]]<br>[[José María Setién]] |
|emérito=[[Juan María Uriarte]]<br>[[José María Setién]] |
Revisión como estaba o 20 de agosto de 2013 ás 08:24
Modelo:Diocese A diocese de San Sebastián é unha diocese católica sufragánea da Arquidiocese de Pamplona e Tudela, creada en 1949 polo papa Pío XII, segregada da diocese de Vitoria. A súa catedral é a Igrexa do Bo Pastor, sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de Aránzazu e de Loiola. O bispo actual, monseñor José Ignacio Munilla, tomou posesión o 9 de xaneiro de 2010, sucedendo a monseñor Juan María Uriarte.
Historia
A diocese de San Sebastián, sufragánea da arquidiocese de Pamplona e Tudela, foi creada durante o pontificado do papa Pío XII coa bula «Quo commodius» do 2 de decembro de 1949, que foi publicada varios meses máis tarde, o 1 de xullo de 1950. Foi erixida dentro do territorio da diocese de Vitoria xunto coa tamén nova diocese de Bilbao, abarcando á provincia civil de Guipúscoa. Dende a súa creación até o 11 de agosto de 1956 foi sufragánea, como as outras dous dioceses vascas, da arquidiocese de Burgos, pasando a pertencer despois á provincia eclesiástica de Pamplona e Tudela.
Históricamente o territorio que abrangue a diocese estivo dividido entre tres dioceses, Baiona, Pamplona e diocese de Calahorra. Pola bula «In Celcissima» de setembro de 1861 erixiuse a diocese de Vitoria, que comprendía todos os territorios da Comunidade Autónoma Vasca.
A diocese ten como patróns ao fundador da Compañía de Xesús, San Ignacio de Loiola (nado en Azpeitia), e á advocación mariana da Virxe de Aranzazu. Conta con 216 parroquias, estructuradas en 14 arciprestazgos: Antiguo, Arrasate-Bergara, Azpeitia, Eibar, Hernani, Herrera-Alza, Irún, Ordizia, Rentería, San Ignacio, Santa María, Tolosa, Zarautz e Zumarraga.
Lista de bispos de San Sebastián
- Jaime Font y Andreu (13 de maio de 1950 - 13 de febreiro de 1963, finado)
- Lorenzo Bereciartua (30 de agosto de 1963 - 23 de outubro de 1968, finado)
- Jacinto Argaya (10 de decembro de 1968 -17 de febreiro de 1979, retirado)
- José María Setién (17 de febreiro de 1979 - 13 de xaneiro de 2000)
- Juan María Uriarte, (2000 - 2010)
- José Ignacio Munilla, (9 de xaneiro de 2010 - actualidade)