Julián Barrio: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
|imaxe = Julián Barrio.jpg |
|imaxe = Julián Barrio.jpg |
||
|título = [[Bispo]] |
|título = [[Bispo]] |
||
|cor = |
|cor = LightGreen |
||
|igrexa = [[Igrexa Católica Latina|Igrexa Latina]] ([[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]) |
|igrexa = [[Igrexa Católica Latina|Igrexa Latina]] ([[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]) |
||
|cargo principal = Arcebispo |
|cargo principal = Arcebispo |
Revisión como estaba o 27 de xuño de 2013 ás 10:12
Modelo:Eclesiástico Julián Barrio Barrio, nado o 15 de agosto de 1946 en Manganeses de la Polvorosa (provincia de Zamora) é un crego católico galego, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996.
Traxectoria
Formación
Estudou Humanidades e Filosofía no seminario de Astorga e licenciouse en teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1971, ano no que ademais se converte en sacerdote. Xa como crego proseguiu os seus estudos e doutorouse en Historia da Igrexa pola Universidade Pontificia Gregoriana en Roma, en 1976, e posteriormente completou os seus estudos licenciándose tamén en Xeografía e Historia na Universidade de Oviedo, en 1979.
Carreira eclesiástica
A partir de 1980 foi vicerreitor do Seminario de Astorga, ata o ano 1992, cando foi nomeado bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Colaborou con seu predecesor, o arcebispo Antonio María Rouco Varela, ata que este foi trasladado a Madrid. Foi nomeado Administrador Diocesano de Santiago de Compostela ata o 25 de outubro de 1994 e posteriormente (o 5 de xaneiro de 1996) foi nomeado arcebispo de Compostela por bula do papa Xoán Paulo II.
Dende que asumiu o arcebispado caracterizouse pola súa actitude conservadora[Cómpre referencia] e firme nas súas conviccións, continuando coa política do seu antecesor. Defendeu publicamente o catolicismo como "sinal de identidade do pobo español" e opúxose á aprobación legal en España do matrimonio homosexual, afirmando que "o matrimonio é esencialmente heterosexual e base ineludíbel da familia, cuxa quebra supón a quebra da sociedade."[Cómpre referencia]. Durante o seu arcebispado celebráronse tres Anos Santos, o terceiro deles coa visita do papa Bieito XVI a Santiago de Compostela.
Nomeado presidente da Comisión de Apostolado Seglar da Conferencia Episcopal Española en 2008[1], en 2011 entrou a formar parte do comité executivo da Conferencia Episcopal Española[2]
Notas
- ↑ "El arzobispo de Santiago, reelegido en su cargo en la Conferencia Episcopal", El Correo Gallego, 6 de marzo de 2008.
- ↑ "Monseñor Barrio entra en la cúpula de la Iglesia", El Correo Gallego, 2 de marzo de 2011.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julián Barrio |