Linguas malaio-polinesias: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
As '''linguas malaio-polinesias''' son un subgrupo de linguas da [[linguas austronesias|familia austronesia]]. Este subgrupo esténdese polas illas do |
As '''linguas malaio-polinesias''' son un subgrupo de linguas da [[linguas austronesias|familia austronesia]]. Este subgrupo esténdese polas illas do [[Sueste asiático]] e o [[Pacífico]] ([[Polinesia]]), con algúns exemplos na Asia continental, e sendo un membro illado o [[lingua malgaxe|malgaxe]] ([[Madagascar]]). |
||
[[Ficheiro:Malayo-Polynesian.svg|miniatura|400px|dereita|Principais ramos das linguas malaio-polinesias. {{legend|#ffa74d|Borneo-Filipinas (non aparece o [[lingua yami|yami]] ao sueste de [[Taiwán]])}}{{legend|#b33b49|Sonda-Célebes (non aparece o [[chamorro]] ao nordeste de [[Yap]])}}{{legend|#a49800|Malaio-Polinesio Central }}{{legend|#85277f|Halmahera-Geelvink Bay}}{{legend|#ff60c5|[[Linguas oceánicas]] máis occidentais}}]] |
[[Ficheiro:Malayo-Polynesian.svg|miniatura|400px|dereita|Principais ramos das linguas malaio-polinesias. {{legend|#ffa74d|Borneo-Filipinas (non aparece o [[lingua yami|yami]] ao sueste de [[Taiwán]])}}{{legend|#b33b49|Sonda-Célebes (non aparece o [[chamorro]] ao nordeste de [[Yap]])}}{{legend|#a49800|Malaio-Polinesio Central }}{{legend|#85277f|Halmahera-Geelvink Bay}}{{legend|#ff60c5|[[Linguas oceánicas]] máis occidentais}}]] |
Revisión como estaba o 31 de maio de 2013 ás 16:09
As linguas malaio-polinesias son un subgrupo de linguas da familia austronesia. Este subgrupo esténdese polas illas do Sueste asiático e o Pacífico (Polinesia), con algúns exemplos na Asia continental, e sendo un membro illado o malgaxe (Madagascar).
As linguas malaio-polinesias tenden á reduplicación (repetición de todo ou parte dunha palabra) para expresar o plural, como por exemplo wiki-wiki, e teñen unha entropía baixa, é dicir, os textos son bastante repetitivos en canto á frecuencia dos sons. A maioría non posúe grupos de consonantes (como [str] ou [mpl]) e ten un número de vogais pequeno, sendo cinco o máis común.
O malaio-polinesio divídese en dous, nunha póla occidental ("hesperonesio") e outra centro-oriental:
- Linguas malaio-polinesias occidentais, cuns 300 millóns de parlantes e que inclúen, entre outros, o indonesio, o malaio, o xavanés, o malagaxe, o tagalog, o ilokano, o cebuano, o buxinés.
- Linguas malaio-polinesias centrais-orientais
- Centrais, compóñeno unhas 160 linguas que se falan principalmente en Indonesia.
- Orientais, con aproximadamente un millón de falantes. Inclúe as linguas de Micronesia como o nauruano, o sama e o chamorro e as linguas de Polinesia como o hawaiano, o maorí, o rapanui, o samoano, o tahitiano, e tongano e o tuvaluano. Todas estas linguas teñen status oficial nos seus respectivos territorios