Tonsila: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 44 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q180569
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
As tonsilas axudan a previr [[infección]]s eliminando as bacterias e outros [[microorganismo]]s presentes na parte posterior da boca, procedentes dos alimentos e do aire que inspiramos. Poden ser invadidas por [[bacteria]]s ou [[virus]] e sufrir un proceso inflamatorio, causando unha '''amigdalite''' ou '''tonsilite''' e, cando a infección alcanza as áreas circundantes, unha [[farinxite]].
As tonsilas axudan a previr [[infección]]s eliminando as bacterias e outros [[microorganismo]]s presentes na parte posterior da boca, procedentes dos alimentos e do aire que inspiramos. Poden ser invadidas por [[bacteria]]s ou [[virus]] e sufrir un proceso inflamatorio, causando unha '''amigdalite''' ou '''tonsilite''' e, cando a infección alcanza as áreas circundantes, unha [[farinxite]].


Forman parte do sistema [[inmunidade|inmunitario]], especialmente nos primeiros anos de vida, perdendo interese a medida que o meniño vai medrando. De feito non hai evidencia de que as tonsilas cumpran unha función relevante despois dos tres anos de idade, e non se atopou ningún efecto á hora da resposta inmunitaria naqueles que foran sometidos a unha tonsilectomía.
Forman parte do sistema [[Inmunidade (medicina)|inmunitario]], especialmente nos primeiros anos de vida, perdendo interese a medida que o meniño vai medrando. De feito non hai evidencia de que as tonsilas cumpran unha función relevante despois dos tres anos de idade, e non se atopou ningún efecto á hora da resposta inmunitaria naqueles que foran sometidos a unha tonsilectomía.


== Amígdala cerebral ==
== Amígdala cerebral ==

Revisión como estaba o 3 de maio de 2013 ás 21:04

Situación das amígdalas palatinas

No campo da anatomía, a tonsila, antes denominada amígdala, é un órgano con forma de améndoa (en latín é o que significa, amendoíña), formado pola unión de numerosos nódulos linfáticos.

Dáselle este nome en especial á amígdala palatina pero, por extensión, tamén se denomina tonsila a calquera órgano constituído por un retículo de tecido linfoide e epitelial, que contén folículos linfáticos.

As tonsilas son tecido linfoide situado na farinxe e que constitúen o Anel de Waldeyer. Segundo a localización en que se atopen na farinxe, chámanse:

  • Tonsila farínxea (ou amígdala de Luschka): situada no teito ou bóveda da farinxe, na súa porción nasal. Nos nenos adoitan estar hipertrofiadas e entón chámanse adenoides, chegando a provocar insuficiencia respiratoria nasal e deformación facial (vexetacións), polo que adoitan extirparse.
  • Tonsila tubárica (ou amígdala de Gerlach): rodea o extremo farínxeo da Trompa de Eustaquio.
  • Tonsila palatina: tamén chamada amígdala palatina. Órgano par situado a ambos lados do istmo das fauces, na entrada da orofarinxe, entre os piares do veo do padal, a ámbolos lados da úvula. Cando se inflaman constitúen as típicas anxinas (non confundir coa anxina de peito) ou, tecnicamente, amigdalite. A súa extirpación denomínase amigdalectomía ou tonsilectomía.
  • Tonsila lingual: é un conxunto voluminoso de tecido linfoide situado na base da lingua.

Función

As tonsilas axudan a previr infeccións eliminando as bacterias e outros microorganismos presentes na parte posterior da boca, procedentes dos alimentos e do aire que inspiramos. Poden ser invadidas por bacterias ou virus e sufrir un proceso inflamatorio, causando unha amigdalite ou tonsilite e, cando a infección alcanza as áreas circundantes, unha farinxite.

Forman parte do sistema inmunitario, especialmente nos primeiros anos de vida, perdendo interese a medida que o meniño vai medrando. De feito non hai evidencia de que as tonsilas cumpran unha función relevante despois dos tres anos de idade, e non se atopou ningún efecto á hora da resposta inmunitaria naqueles que foran sometidos a unha tonsilectomía.

Amígdala cerebral

No cerebro existe outro órgano de forma semellante que tamén recibe o nome de amígdala pero que non ten que ver con estes órganos linfoides. É a amígdala cerebral, un grupo de neuronas situado no lobo temporal do cerebro.