Herman Van Rompuy: Diferenzas entre revisións
m Recategorizar |
|||
Liña 62: | Liña 62: | ||
[[Categoría:Presidente do Consello Europeo]] |
[[Categoría:Presidente do Consello Europeo]] |
||
[[Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital]] |
[[Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital]] |
||
[[ar:هيرمان فان رومبوي]] |
|||
[[ast:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[az:Herman Van Rompöy]] |
|||
[[be:Херман ван Рампёй]] |
|||
[[bg:Херман Ван Ромпой]] |
|||
[[bn:হেরম্যান ভন রম্পুই]] |
|||
[[br:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[bs:Herman van Rompuy]] |
|||
[[ca:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[cs:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[da:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[de:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[el:Χέρμαν βαν Ρομπέι]] |
|||
[[eml:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[en:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[eo:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[es:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[et:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[eu:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[fa:هرمن ون رومپوی]] |
|||
[[fi:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[fr:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[fy:Herman van Rompuy]] |
|||
[[ga:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[he:הרמן ואן רומפיי]] |
|||
[[hr:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[hu:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[hy:Հերման Վան Ռոմպեյ]] |
|||
[[id:Herman van Rompuy]] |
|||
[[ie:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[io:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[it:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[ja:ヘルマン・ファン・ロンパウ]] |
|||
[[ko:헤르만 반 롬푀이]] |
|||
[[kw:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[la:Hermanus Van Rompuy]] |
|||
[[lb:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[lt:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[lv:Hermans Van Rompejs]] |
|||
[[ms:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[nl:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[nn:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[no:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[oc:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[pl:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[ps:هرمان ون رومپوې]] |
|||
[[pt:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[qu:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[ro:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[ru:Ромпёй, Херман Ван]] |
|||
[[scn:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[sh:Herman van Rompuy]] |
|||
[[simple:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[sk:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[sq:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[sr:Херман ван Ромпој]] |
|||
[[sv:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[sw:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[tr:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[uk:Герман ван Ромпей]] |
|||
[[uz:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[vi:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[yo:Herman Van Rompuy]] |
|||
[[zh:赫尔曼·范龙佩]] |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 18:02
Herman Van Rompuy, nado o 31 de outubro de 1947 en Etterbeek, é un político belga flamengo, presidente do Consello Europeo desde o 1 de decembro de 2009, foi primeiro ministro de Bélxica desde o 30 de decembro de 2008 ata o 25 de novembro de 2009 , pertence ó partido Cristiáns Demócratas e Flamengos (CDV) e foi presidente da Cámara dos Representantes de Bélxica do 12 de xullo de 2007 ó 30 de decembro de 2008.
Biografía
Herman Van Rompuy é fillo do profesor de economía Vic Van Rompuy, Herman realizou estudos secundarios no instituto Sint-Jan-Berchmans de Bruxelas, especializándose en humanidades grecolatinas. Licenciouse en ciencias económicas pola Katholieke Universiteit Leuven. Ingresou no servizo de estudos do Banco Nacional (1972-1975). Entre 1973 e 1975 foi vicepresidente das mocidades do Partido Popular Cristián (CVP) e desde 1978 é membro do Consello Nacional da CVP (desde 2001 CDV). Foi conselleiro do primeiro ministro Leo Tindemans (1947-1978) e do ministro de finanzas, Gaston Geens (1978-1980). Desde 1980 a 1988 foi director do centro de estudos do seu partido, o CEPESS. Participou nas negociacións para a formación dos gobernosde Wilfried Martens (III e VIII) (1982-1988) e de Jean-Luc Dehaene (I e II). De 1982 a 1988 ensinou na Vlekho (Vlaamse Ekonomische Hogeschool van Brussel ) e foi presidente da CVP en Bruxelas-Halle-Vilvoorde. Entre 1988 e 1993 foi o presidente nacional do seu partido e senador (1988-1995).
En setembro de 1993, Van Rompuy sucedeu a Mieke Offeciers como ministro de Orzamentos como tamén o foi, ademais de vicepresidente no gobernos Dehaene I e II (ata 1999). En tanto ministro de Orzamentos conseguiu en seis anos reducir de xeito moi importante o déficit presupostario belga. As eleccións de 1999 supuxeron un revés para o seu partido que pasou á oposición, Van Rompuy quedou como simple deputado, xa o era desde 1995. En 2004 o rei noméao ministro de Estado[1]. En 2007 a primeira cámara do parlamento belga elixiu a Van Rompuy como o seu presidente. Do 29 de agosto ó 29 de setembro de 2007 o rei nomeouno explorador para saír do impase no que se atopaba a formación do goberno.
Primeiro ministro
O 28 de decembro de 2008 o rei Alberte II designouno formador coa misión de formar un goberno que sucedese ó de Yves Leterme.
O 30 de decembro 2008, logo de se entrevistar cos presidentes dos partidos da antiga maioría, Van Rompuy, conseguiu finalmente un acordo sobre a composición do novo goberno, nese día xurou o seu cargo no Palacio de Laeken.
O 31 de decembro de 2008, Herman Van Rompuy presentou diante os deputados e senadores a súa declaración de política xeral. O 2 de xaneiro a Cámara dos Representantes deulle a confianza ó goberno de Van Rompuy.
Primeiro Ministro de Bélxica | ||
---|---|---|
Segue a: Yves Leterme |
Herman Van Rompuy | Precede a: Yves Leterme |
CD&V |
Publicacións
- De kentering der tijden, Lannoo, 1979
- Hopen na 1984, Davidsfonds, 1984
- Het christendom. Een moderne gedachte, Davidsfonds, 1990
- Vernieuwing in hoofd en hart. Een tegendraadse visie, Davidsfonds, 1998
- De binnenkant op een kier. Avonden zonder politiek, Lannoo, 2000
- Dagboek van een vijftiger, Davidsfonds, 2004
Notas
- ↑ En Bélxica un ministro de Estado é un título honorífico que concede o rei ás personalidades políticas especialmente meritorias. Forman o Consello da Coroa que ten carácter consultivo e que se axunta en ocasións moi especiais