Vimara Pérez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxo
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q452111
Liña 39: Liña 39:
[[Categoría:Historia de Galicia]]
[[Categoría:Historia de Galicia]]
[[Categoría:Historia de Portugal]]
[[Categoría:Historia de Portugal]]

[[ca:Vimarà Pérez]]
[[de:Vímara Peres]]
[[en:Vímara Peres]]
[[es:Vimara Pérez]]
[[fi:Vímara Peres]]
[[fr:Vímara Peres]]
[[hu:Vímara portugál gróf]]
[[is:Vímara Peres]]
[[ka:ვიმარა პერეში]]
[[lt:Vimara Perešas]]
[[pl:Vimara Peres]]
[[pt:Vímara Peres]]
[[ru:Вимара Переш]]
[[sh:Vímara Peres]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 09:26

Vimara Pérez, Vímara Peres ou Guímara Peres, nado na Coruña contra o 820 e finado en Guimarães no 873, foi un nobre galego, conde da Coruña, e fundador do Condado de Portugal en 868.

Traxectoria

Estatua de Vimara Peres na cidade de Porto. Obra de Salvador Barata Feyo, en 1968.

Con importantes posesións no interior da Galicia actual, dirixiu o gran salto repoboador ata a liña do río Douro, sendo un dos responsábeis da repoboación da liña entre o Miño e o Douro e, auxiliado por cabaleiros da rexión, da acción de presura do burgo de Portucale (Porto), que foi así definitivamente conquistado aos musulmáns no ano de 868. Nese mesmo ano, converteuse no primeiro conde de Portucale, fundando o xérmolo dun estado feudal ao redor da cidade do Porto.

Atribúeselle tamén a fundación dun pequeno burgo fortificado nas proximidades de Braga, Vimaranis, co nome derivado do seu propio nome e que, co correr do tempo, por evolución fonética, transformouse no moderno Guimarães.

Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio da antiga provincia romana de Gallaecia no Baixo Miño e no Bierzo, pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaecendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear.

Amparándose nunha teórica autorización do rei Afonso III o Magno, fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala.

Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o reparto de terras, restaurou as institucións da Igrexa e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe.

Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego Hermenexildo Guterrez. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na terra de Amaía, e amplas zonas lucenses. Os monarcas do Reino de Galicia e de León cada vez serán máis dependentes deles.

Vimara faleceu en Guimarães en 873. O seu fillo, Lucidio Vimaranes (etimoloxicamente, "!fillo de Vimara"), sucedeuno á fronte dos destinos do condado, instituíndose así unha dinastia condal que gobernaria a rexión até 1071.

Unha maxestosa estatua érguese diante da actual catedral da cidade que fundou.

Vimara Pérez
Nacemento: ca. 820 Falecemento: 873


Aristocracia galega
Precedido por
Novo Título


Conde de Portucale
868 – 873
Sucedido  por
Lucidio Vimaranis

Véxase tamén

Outros artigos