Avelino López Otero: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8210184
Liña 15: Liña 15:
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
[[Categoría:Nados en Ribeira de Piquín]]
[[Categoría:Nados en Ribeira de Piquín]]

[[es:Avelino López Otero]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 02:10

Avelino López Otero, nado en Acevedo, actualmente parte do concello de Ribeira de Piquín mais daquela pertencente ao concello de Meira, en 1903 e asasinado en 1936, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

Licenciouse en dereito e tras emigrar durante un tempo a Cuba instalouse na Coruña, onde foi correspondente de El Pueblo Gallego, dirixiu en Lugo o semanario republicano Guión (1930), no que colaboraron importantes políticos republicanos de Lugo e intelectuais e literatos de toda Galicia. Membro da masonería, traballou como secretario do seu irmán, o político César López Otero e con el foi o promotor da constitución do concello de Ribeira de Piquín, constituído o 5 de marzo de 1935. Avelino formou parte da comisión de técnicos que redactou o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para a Asemblea que convocara o concello de Santiago de Compostela en 1932 e que constituíu a versión definitiva do estatuto que se plebiscitou en 1936. Despois pertencer á Organización Republicana Gallega Autónoma e á Federación Republicana Gallega, foi secretario xeral do Partido Republicano Gallego entre 1933 e 1934, ata que se integrou en Izquierda Republicana.

Detido a raíz do levantamento de 1936, morreu ese mesmo ano no hospital de Lugo, onde fora internado como preso.

Véxase tamén

Ligazóns externas