Vilancico: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|) |
m Bot: Retiro 14 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1232283 |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
[[Categoría:Lírica]] |
[[Categoría:Lírica]] |
||
[[Categoría:Nadal]] |
[[Categoría:Nadal]] |
||
[[ca:Villancet]] |
|||
[[de:Villancico]] |
|||
[[en:Villancico]] |
|||
[[es:Villancico]] |
|||
[[fr:Villancico]] |
|||
[[it:Villancico]] |
|||
[[la:Carmen villanicum]] |
|||
[[nl:Villancico]] |
|||
[[nn:Villancico]] |
|||
[[no:Villancico]] |
|||
[[pt:Vilancete]] |
|||
[[ru:Вильянсико]] |
|||
[[sl:Villancico]] |
|||
[[sr:Виљансико]] |
Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 05:22
O vilancico é un subxénero da lírica consistente nunha cancionciña de corte popular, de métrica moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de estrofas iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de Nadal galegos, escritos e cantados en toda a Península durante os Séculos Escuros.
Carlos Villanueva, profesor da Universidade de Santiago e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre panxoliñas e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o Belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no século XV e XVI, non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.
Hai moita documentación sobre vilancicos a través das partituras que quedan nas principais catedrais galegas, entre as que destacan as de Mondoñedo e a de Santiago polo número de textos conservados.
Por outra banda, formalmente o vilancico converteuse nunha especie de cantata, cun esquema típico: unha introdución (para solista), un refrán (para seis, oito, dez ou doce voces) e unhas coplas (para un pequeno conxunto vocal ou voz solista) que alternaban co refrán.
Véxase tamén
Bibliografía
- Alén, Pilar. Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Ed.. A Nosa Terra, 1997.
- Villanueva, Carlos. Los Villancicos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994
Ligazóns externas