Pedro III de Aragón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: tl:Pedro III ng Aragon
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 25 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q312311
Liña 38: Liña 38:
[[Categoría:Nados en Valencia]]
[[Categoría:Nados en Valencia]]
[[Categoría:Finados en 1285]]
[[Categoría:Finados en 1285]]

[[an:Pero III d'Aragón]]
[[ar:بيدرو الثالث ملك أراغون]]
[[bg:Педро III Арагонски]]
[[ca:Pere el Gran]]
[[cs:Petr III. Aragonský]]
[[de:Peter III. (Aragón)]]
[[en:Peter III of Aragon]]
[[es:Pedro III de Aragón]]
[[eu:Petri III.a Aragoikoa]]
[[fi:Pietari III (Aragonia)]]
[[fr:Pierre III d'Aragon]]
[[hr:Petar III. Aragonski]]
[[hu:III. Péter aragóniai király]]
[[id:Pero III dari Aragon]]
[[it:Pietro III di Aragona]]
[[ja:ペドロ3世 (アラゴン王)]]
[[nl:Peter III van Aragón]]
[[pl:Piotr III Wielki]]
[[pt:Pedro III de Aragão]]
[[ru:Педро III (король Арагона)]]
[[scn:Petru III d'Aragona]]
[[sr:Пере III од Арагона]]
[[sv:Peter III av Aragonien]]
[[th:พระเจ้าเปโดรที่ 3 แห่งอารากอง]]
[[tl:Pedro III ng Aragon]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2013 ás 11:20

Retrato de Pedro III de Aragón

Pedro III de Aragón, I de Valencia e II de Barcelona, chamado O Grande (Pere el Gran). Foi fillo de Jaume I e a súa segunda esposa Violante de Hungría e sucedeu a seu pai en 1276.

Traxectoria

Familia

Casado o 13 de xuño de 1262 na catedral de Montpellier con Constanza de Hohenstaufen, filla e herdeira de Manfredo I de Sicilia, foron coroados en Zaragoza nunha cerimonia na que Pedro cancelou o vasalaxe que co papado concertara o seu avó Pedro II

Todo o seu reinado centrouse na expansión da Coroa de Aragón polo Mediterráneo e para iso aproveitou o seu matrimonio con Constanza para reivindicar a coroa siciliana.

Biografía

Sicilia atopábase dende 1266 baixo a soberanía de Carlos de Anjou quen, co apoio do papa Clemente IV que non desexaba a ningún Hohenstaufen no sur de Italia, fora investido rei tras derrotar, en Benevento, a Manfredo quen faleceu na batalla.

O monarca anxevino fixo cegar aos tres fillos homes de Manfredo e, en 1268, capturou e fixo decapitar a Conradino que como neto de Federico II era o último herdeiro home da casa Hohenstaufen. A liña sucesoria pasou entón a Constanza quen ofrece refuxio en Aragón ás familias partidarias do seu pai, a Lanza, os Lauria, os Prócidas.

En 1279 unha frota da coroa aragonesa, ao mando de Conrado Lanza, percorre as costas africanas para restablecer a soberanía feudal de Aragón sobre Tunisia que a morte do emir Muhammad I al-Mustansir debilitara. Posteriormente, en 1281, Pedro III armou unha frota para invadir Tunisia e solicitou ao recentemente elixido papa Martiño IV unha bula que declarará a operación militar como cruzada; mais o papa, de orixe francesa e partidario de Carlos de Anjou, negoulla.

Cando a frota se dispuña a partir, tiveron lugar en Sicilia os acontecementos coñecidos como as Vésperas sicilianas que provocaron a expulsión da illa, tras unha gran matanza, dos franceses. Os sicilianos enviaron entón unha embaixada a Pedro III ofrecéndolle a coroa siciliana á que tiña dereito grazas ao seu matrimonio. O rei aragonés puxo entón a súa frota rumbo a Sicilia onde arribou o 30 de agosto de 1282 e onde foi coroado rei na cidade de Palermo.

Inmediatamente enviou unha embaixada a Carlos de Anjou, que se atopaba en Mesina, instándolle a recoñecerlle como rei de Sicilia e a abandonar a illa. A derrota da frota anxevina en Nicoreta, a mans do almirante Roger de Lauria, obrigou a Carlos a deixar Mesina e refuxiarse no seu reino de Nápoles.

O papa Martiño IV respondeu á coroación siciliana de Pedro III coa súa excomunión (9 de novembro de 1282) e a súa deposición como rei de Aragón (21 de decembro de 1283), ofrecendo a coroa ao segundo fillo do rei de Francia, Carlos III de Valois, a quen investiu o 27 de febreiro de 1284, e declarando unha cruzada contra Aragón. A situación na que se atopou Pedro III era totalmente inestábel, xa que non só tiña que facer fronte á invasión francesa que se preparaba ao norte dos Pireneos, senón que tivo que facer fronte a graves problemas no interior dos seus reinos xurdidos antes as necesidades económicas que a conquista de Sicilia provocaron.

Pedro III soluciona os problemas internos concedendo, en 1283, a formación da Unión aragonesa e prestando xuramento ao Privilexio Xeral que defendía os privilexios da nobreza; e concedendo a Cataluña a constitución Una vegada l´any nas cortes celebradas en Barcelona entre 1283 e 1284.

Solucionados os problemas interiores puido centrar a súa atención na invasión francesa, que ao mando do propio rei francés Filipe III de Francia, tomou en 1285 a cidade de Xirona, para inmediatamente ter que retirarse cando a frota aragonesa retornou de Sicilia ao mando de Roger de Lauria e inflixiu á escuadra francesa unha derrota total.

Tras a súa gran vitoria, Pedro III dispúxose a enfrontarse ao seu irmán Jaume II e ao seu sobriño o rei Sancho IV de Castela que non lle prestaron apoio durante o seu conflito cos franceses, pero a súa prematura morte, o 11 de novembro de 1285, impediuno.

Véxase tamén

Ligazóns externas