Matrix: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 31: | Liña 31: | ||
Thomas A. Anderson ([[Keanu Reeves]]) de día é [[programador]] [[Informática|informático]] e polas noites un [[hacker]] que utiliza o alcume de Neo. Pasase a vida buscando a unha persoa, Morfeo, ([[Laurence Fishburne]]), e a resposta a unha pregunta: «Que é Matrix?» |
Thomas A. Anderson ([[Keanu Reeves]]) de día é [[programador]] [[Informática|informático]] e polas noites un [[hacker]] que utiliza o alcume de Neo. Pasase a vida buscando a unha persoa, Morfeo, ([[Laurence Fishburne]]), e a resposta a unha pregunta: «Que é Matrix?» |
||
Morfeo e os seus, ó decatarse de que os seus inimigos están buscando a Neo, deciden entrar en contacto con el. Outra hacker, Trinity ([[Carrie-Anne Moss]]), condúceo ata Morfeo e a resposta que busca. Pero para obtela debe renunciar á súa vida anterior e a todo o que coñeceu ata entón. Acepta e traga unha |
Morfeo e os seus, ó decatarse de que os seus inimigos están buscando a Neo, deciden entrar en contacto con el. Outra hacker, Trinity ([[Carrie-Anne Moss]]), condúceo ata Morfeo e a resposta que busca. Pero para obtela debe renunciar á súa vida anterior e a todo o que coñeceu ata entón. Acepta e traga unha pílula vermella, en vez doutra azul que suporía quedar como estaba. |
||
Neo descobre que o mundo no que cría vivir non é máis ca unha simulación [[Realidade virtual|virtual]] á que se atopa conectado mediante un cable enchufado no seu [[cerebro]]. Os miles de millóns de persoas que viven conectadas ó seu arredor, están sendo cultivadas do mesmo modo para poder dar enerxía ás máquinas. Esta [[ilusión]] colectiva (ou simulación interactiva) é coñecida como Matrix. |
Neo descobre que o mundo no que cría vivir non é máis ca unha simulación [[Realidade virtual|virtual]] á que se atopa conectado mediante un cable enchufado no seu [[cerebro]]. Os miles de millóns de persoas que viven conectadas ó seu arredor, están sendo cultivadas do mesmo modo para poder dar enerxía ás máquinas. Esta [[ilusión]] colectiva (ou simulación interactiva) é coñecida como Matrix. |
Revisión como estaba o 15 de marzo de 2013 ás 18:43
Matrix | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Matrix |
Director | Larry Wachowski Andy Wachowski |
Produtor | Joel Silver Larry Wachowski Andy Wachowski |
Guión | Larry Wachowski Andy Wachowski |
Intérpretes | Keanu Reeves Laurence Fishburne Carrie-Anne Moss Hugo Weaving Joe Pantoliano Gloria Foster Marcus Chong Matt Doran Belinda McClory Julian Arahanga Anthony Ray Parker |
Música | Don Davis |
Fotografía | Bill Pope |
Montaxe | Zach Staenberg |
Estudio | Village Roadshow Pictures Silver Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 31 de marzo de 1999 |
Duración | 136 minutos |
Orixe | Estados Unidos Australia |
Xénero | Acción |
Orzamento | $63.000.000[1] |
Filme seguinte | Matrix Reloaded |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/matrix | |
Matrix é unha película de ciencia ficción escrita e dirixida por Larry e Andy Wachowski e protagonizada por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreada nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi a primeira da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. A película gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Nesta película fíxose popular o "bullet time" (tempo bala), técnica que consiste en aparentar que se conxela a acción mentres a cámara segue movéndose arredor da escena. O efecto visual conséguese empregando múltiples cámaras que gravan a acción dende distintas posicións a unha cantidade elevada de fotogramas por segundo. Posteriormente intercálanse os fotogramas de cada unha das cámaras. Está categorizada como unha película de Cine Geek.
Argumento
Thomas A. Anderson (Keanu Reeves) de día é programador informático e polas noites un hacker que utiliza o alcume de Neo. Pasase a vida buscando a unha persoa, Morfeo, (Laurence Fishburne), e a resposta a unha pregunta: «Que é Matrix?»
Morfeo e os seus, ó decatarse de que os seus inimigos están buscando a Neo, deciden entrar en contacto con el. Outra hacker, Trinity (Carrie-Anne Moss), condúceo ata Morfeo e a resposta que busca. Pero para obtela debe renunciar á súa vida anterior e a todo o que coñeceu ata entón. Acepta e traga unha pílula vermella, en vez doutra azul que suporía quedar como estaba.
Neo descobre que o mundo no que cría vivir non é máis ca unha simulación virtual á que se atopa conectado mediante un cable enchufado no seu cerebro. Os miles de millóns de persoas que viven conectadas ó seu arredor, están sendo cultivadas do mesmo modo para poder dar enerxía ás máquinas. Esta ilusión colectiva (ou simulación interactiva) é coñecida como Matrix.
O grupo de rebeldes do mundo real que lidera Morfeo rescata a Neo da colleita de persoas onde se atopaba preso, e Morfeo explícalle en que consiste a realidade: atópanse presto do ano 2199 e a humanidade está escravizada polas máquinas, que tralo desenvolvemento da Intelixencia Artificial se rebelaron contra a humanidade. Debido a que os seres humanos deterioraron o ceo (privando ás máquinas da enerxía solar que necesitaban), agora empregan á especie humana como fonte de enerxía (cultivándoos en grandes campos, onde son resgardados en cámaras). (Véxase The Second Renaissance de Animatrix para unha explicación máis detallada).
Morfeo cóntalle tamén a Neo que cre que el é o elixido. Este elixido, segundo a profecía, será o encargado de liberar á humanidade da escravitude á que está sometida. Ademais, será capaz de cambiar Matrix á súa vontade e dar a vitoria ós humanos. Estes teñen a súa base en Sión (cidade subterránea bastión da resistencia humana).
O mundo virtual de Matrix convértese no campo de batalla onde Neo ten que combater contra os axentes de Matrix, que son uns programas en forma humana capaces de posuír a calquera habitante de Matrix que a resistencia non liberara, e en particular contra o temible axente Smith (Hugo Weaving). Estes intentan impedir que os rebeldes rescaten ás persoas que están conectadas, xa que están programados para capturar a calquera intruso que altere a realidade de Matrix. Neste mundo virtual, os seres humanos que son conscientes da verdadeira esencia do que lles rodea, son capaces de desafiar parcialmente as leis físicas e realizar fazañas asombrosas.
Personaxes
- Keanu Reeves como Thomas A. Anderson/Neo: Un programador de ordenadores da Corporación Metacortex cuxo nome de hacker é Neo.
- Laurence Fishburne como Morpheus.
- Carrie-Anne Moss como Trinity.
- Hugo Weaving como Axente Smith.
- Joe Pantoliano como Cypher.
- Julian Arahanga como Apoc.
- Anthony Ray Parker como Dozer.
- Marcus Chong como Tank.
- Matt Doran como Mouse.
- Gloria Foster como O Oráculo.
- Belinda McClory como Switch.
- Paul Goddard como Axente Brown.
- Robert Taylor as Axente Jones.
Galardóns e nomeamentos
- 1999: 4 Oscars: Mellor montaxe, son, efectos visuais, efectos sonoros.
- 1999: 2 premios BAFTA: Mellores efectos visuais, son. 5 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web Oficial (en inglés)
A Galicitas posúe citas sobre: Matrix |