Protóstomos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: als:Urmünder
m r2.7.3) (Bot: Engado: lt:Pirminiaburniai
Liña 118: Liña 118:
[[la:Protostomia]]
[[la:Protostomia]]
[[lij:Protostomia]]
[[lij:Protostomia]]
[[lt:Pirminiaburniai]]
[[lv:Pirmmutnieki]]
[[lv:Pirmmutnieki]]
[[nl:Protostomia]]
[[nl:Protostomia]]

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2013 ás 15:37

Protóstomos

Un onicóforo é un animal protóstomo

Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Sen rango: Bilateria
Sen rango: Protostomia
Superfilos e Filos

Os protóstomos ou protostomados (Protostomia, en grego "primeira boca") son unha agrupación de Superfilos do Reino Animal. Xunto cos deuteróstomos, forman as dúas grandes ramas en que se dividen os Bilaterais (Bilateria). A separación destas dúas liñas evolutivas fundamentais é ancestral; durante a explosión cámbrica (hai uns 540 millóns de anos) aparecen xa filos protóstomos e deuteróstomos diferenciados.

A diferenza fundamental entre ambos radica na orixe embrionaria da boca. Nos protóstomos, a boca do adulto deriva do blastoporo embrionario (de aí provén o nome do grupo), mentres que nos deuteróstomos é de neoformación.

Características

  • O blastoporo embrionario orixina a boca do adulto, e xeralmente tamén o ano. O blastoporo alóngase, logo os labios se aproximan e sóldase a zona central da abertura deixando un orificio en cada extremo, que corresponden á boca e o ano. Polo tanto, o arquénteron (cavidade dixestiva embrionaria) deixa de ser un saco cego e se transforma nun tubo con entrada e saída.
  • Segmentación espiral: a segmentación do ovo é moi característica. Os planos de segmentación son oblicuos en relación ao eixe do ovo; os blastómeros fillos colócanse entre os blastómeros pais e quedan dispostos en capas horizontais, cos blastómeros en posición alternada, polo que se dispoñen en espiral.
Comparación entre os Protóstomos e deuteróstomos (en inglés)
  • Segmentación determinada: cada blastómero, separado experimentalmente, soamente orixina unha parte determinada do animal, a mesma que habería dado no caso de non haberse separado.
  • Sistema nervioso hiponeuro: é un sistema nervioso formado por ganglios cerebrais e cordóns nerviosos ventrais. Os ganglios que forman o cerebro sitúanse arredor do esófago, con conectivos periesofáxicos que os unen ás cadeas nerviosas que recorren ventralmente o corpo do animal, en posición inferior respecto ao tubo dixestivo.
  • Formación do celoma por esquizocelia: o mesoderma (e o consiguiente celoma), fórmase por proliferación dos blastómeros situados no punto de confluencia do ectoderma e o endoderma, en moitos casos do blastómero 4d.
  • O celoma forma un par de sacos arredor del tubo dixestivo que con frecuencia se metameriza.
  • Larva trocófora: moitos filos protóstomos presentan unha larva de tipo trocoforiano (ou asimilable a ela) no seu desenvolvemento.

Non todos os filos presentan todas estas característica á vez; por exemplo, os acelomados e pseudocelomados, carecen de celoma e estes últimos non teñen larvas trocóforas.

Sistemática e filoxenia

Actuais datos moleculares suxiren que os animais protóstomos pódense dividir en tres grupos principais:

así como un menor número de taxóns de afinidade basal ou ambiguos.

Notas


Véxase tamén

Bibliografía

  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide. Madrid 1986, px. 288. ISBN 84-368-0316-7

Ligazóns externas