Alta Idade Media: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: is:Hámiðaldir |
m r2.5.4) (Bot: Cambio pt:Idade Média Plena por pt:Idade Média#Baixa Idade Média |
||
Liña 71: | Liña 71: | ||
[[nn:Høgmellomalderen]] |
[[nn:Høgmellomalderen]] |
||
[[no:Høymiddelalderen]] |
[[no:Høymiddelalderen]] |
||
[[pt:Idade Média |
[[pt:Idade Média#Baixa Idade Média]] |
||
[[ru:Высокое Средневековье]] |
[[ru:Высокое Средневековье]] |
||
[[sk:Vrcholný stredovek]] |
[[sk:Vrcholný stredovek]] |
Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2013 ás 21:53
A Alta Idade Media ou Idade Media Antiga é o período histórico que vai do ano 476 despois de Xesucristo, cando se produce a Caída do Imperio Romano ata o 1066, cando Guillerme de Normandía conquista Inglaterra e considérase que comeza a Baixa Idade Media.
Historia e características
A Alta Idade Media destaca pola invasión dos pobos xermánicos e o establecemento paulatino dun novo modelo social, o feudalismo. Caracterízase tamén pola barbarie dos pobos invasores, que se foi calmando segundo se foron asentando, pasando de guerreiros a terratenentes, e de pagáns a cristiáns. O sistema feudal desenvólvese ao non ter o rei unha grande autoridade sobre os seus plutócratas, ó estilo xermánico, e considérase implantado en toda Europa Occidental unha vez se produce a conquista normanda de Inglaterra.
Destacan dentro deste período histórico as invasións dos musulmáns en case toda a Península Ibérica, as incursións dos viquingos por todo o norte de Europa, e a fundación do Imperio Carolinxio e do Sacro Imperio Romano Xermánico. Tamén destacan os esforzos do Imperio Bizantino, antes Imperio Romano de Oriente, por reconquistar Italia, e a creación dos Estados Pontificios.
Cronoloxía destacada:
- 476 - Caída do Imperio Romano de Occidente.
- c. 500 - Invasión de Inglaterra por pobos xermánicos (anglos, saxóns e xutos).
- Heptarquía anglosaxoa en Inglaterra.
- 711 - Invasión musulmá da Península Ibérica.
- 800 - Carlomagno proclamado emperador do Imperio Carolinxio.
- Formación do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- Invasións dos viquingos. Establecemento dun reino en Sicilia, o Danelaw en Inglaterra e o Ducado de Normandía en Francia.
- Cisma de Oriente.
- 1066 Batalla de Hastings e invasión de Inglaterra por Guillerme de Normandía.