Corrente continua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: lt:Nuolatinė elekros srovė
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: lt:Nuolatinė elekros srovė
Liña 45: Liña 45:
[[ko:직류]]
[[ko:직류]]
[[li:Gelieksjtroum]]
[[li:Gelieksjtroum]]
[[lt:Nuolatinė elekros srovė]]
[[lv:Līdzstrāva]]
[[lv:Līdzstrāva]]
[[ml:നേർധാരാ വൈദ്യുതി]]
[[ml:നേർധാരാ വൈദ്യുതി]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2013 ás 21:10

Tipos de corrente continua

A corrente continua (CC ou, en inglés, DC - direct current) é o fluxo de carga eléctrica con dirección constante. Este tipo de corrente é xerado por baterías de automóbiles (6, 12 ou 24V), pequenas baterías (xeralmente 9V), pillas (1,2V e 1,5V), dínamos, células solares e fontes de alimentación de varias tecnoloxías, que rectifican a corrente alternada para producir corrente continua. Normalmente é utilizada para alimentar aparellos electrónicos (entre 1,2V e 24V) e os circuítos dixitais de equipamento de informática (computadores, módems, hubs etc.).

como se ve na imaxe, a corrente continua non ten necesariamente valor constante, este pode variar moito, pero circulando sempre na mesma dirección.

Historia

As primeiras experiencias de electrodinámica foron feitas con corrente continua, entre elas a pila de Volta. As primeiras liñas de transmisión tamén usaban CC, utilizada principalmente para iluminación e baseada en tecnoloxía desenvolvida por Edison e o seu laboratorio. Posteriormente pasouse a usar corrente alternada debido ás dificultades de conversión (elevación ou diminución) da tensión en CC, o que provocaba grandes quedas de tensión nas liñas de transmisión. No entanto co desenvolvemento da tecnoloxía (inversores), voltouse a usar CC nalgunhas liñas de transmisión de alta potencia, principalmente se son submarinas.

Véxase tamén

Outros artigos