Unidade Galega (coalición): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m robot Eliminado: pt:Unidade Galega
Miñato (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na [[Comisión dos 16]] (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de [[1980]].

[[Category:Partidos políticos]]
[[Category:Forzas políticas de Galicia]]

[[es:Unidade Galega (coalición)]]
[[es:Unidade Galega (coalición)]]

Revisión como estaba o 31 de decembro de 2006 ás 13:52

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.
A fin da coalición era a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados que puidese negociar un bo Estatuto de Autonomía de Galicia. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35%) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35%) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingo Merino.
As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.