Illa Norte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: af:Noordeiland
m r2.7.2) (Bot: Cambio eu:Ipar Uhartea por eu:Ipar uhartea
Liña 109: Liña 109:
[[es:Isla Norte]]
[[es:Isla Norte]]
[[et:Põhjasaar]]
[[et:Põhjasaar]]
[[eu:Ipar Uhartea]]
[[eu:Ipar uhartea]]
[[fa:جزیره شمالی]]
[[fa:جزیره شمالی]]
[[fi:Pohjoissaari]]
[[fi:Pohjoissaari]]

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2012 ás 22:53

Illa Norte
Vista da illa
Datos
Capital Wellington
País Nova Zelandia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) 3.287.600 hab.
Superficie 113.729 km²
Densidade 28´9 hab/km²
Coordenadas 38°24′S 175°43′L / -38.400, -175.717
Maior Altura 2.797 m. Monte Ruapehu
Localización
Localización da illa
Vista de Napier desde Sugar Loaf Hill

A Illa Norte ('North Island' en Inglés, ou 'Te Ika ā Maui', 'O Peixe de Maui', en Maori) é unha das dúas illas principais de Nova Zelandia, separada da Illa Sur, polo Estreito de Cook.

A illa ten unha rexión montañosa (máis baixa que a da Illa Sur), que consta de montes boscosos, unha meseta central volcánica e outeiros.

Os vals de Rotorua e Taupo, situados preto da Baía de Plenty, teñen algúns dos mananciais termais máis grandes de Nova Zelandia. Prodúcense cando a auga subterránea sobrecalentada xorde á superficie a través das rocas. O lago Taupo, situado no centro da illa, é o maior de Nova Zelandia e ocupa o cráter dun volcán extinto.

Cara ao suroeste da illa atópase un volcán extinto, o monte Taranaki, de 2518 metros.

O clima e a topografía da illa son máis favorables para a agricultura. Ovinos e bovinos poden alimentarse no verán e inverno nos ricos pastos que rodean Auckland e Christchurch. Unha ampla gama de cultivos, que inclúen hortalizas, cereal e froitas como a uva e o kiwi, prodúcense na parte norte de Nova Zelandia. As ricas zonas pesquerías do Océano Pacífico teñen unha crecente importancia económica.

Principais cidades

Atópanse situadas varias das cidades máis importantes de Nova Zelandia, entre elas:

Picos maiores

Principais lagos

  • Rotoiti
  • Rotorua
  • Tarawera
  • Taupo
  • Waikare
  • Waikaremoana
  • Wairarapa