Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:91.117.4.220»

::Non se poden quitar referencias se son correctas, aínda que estén repetidas noutros artigos, cada artigo é independente respecto a iso. Se eu estou mirando o artigo de Narón teño que atopar nese artigo as referencias ó contido que hai nel, aínda que estén repetidas noutros artigos ligados internamente. E as referencias nunca sobran, se son correctas claro está.
::A ligazón do PXOM non fai referencia a tódolos castros da lista, non atopo o [[Castro de Castro]] (na web http://castros.artabro.es/node32.html ten de nome "Castro de Sta. María de Castro" e se non hai referencias para o outro nome haberá que trasladar o artigo) nin o de Bazón (na web dos castros tampouco a atopo). Logo na web dos castros teñen o [http://castros.artabro.es/node63.html castro de Pedreira] que non atopo a súa correspondencia no PXOM. Unha solución para simplificar as referencias desa lista sería poñer a ligazón ó PXOM (poñendo os nomes que aparecen aí), unha ligazón do castro de Sta. María de Castro á web dos castros cambiándolle o nome ó artigo, se é que non se atopan outras referncias e, se non está no PXOM, engadir tamén á lista o castro de Pedreira con ligazón á web dos castros. Logo o que hai que facer é engadir as ligazóns correspondentes en tódolos artigos dos castros. En resumo, non eliminar referencias nun artigo, si melloralas. Que che parece?. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 22 de novembro de 2012 ás 14:10 (UTC)
:::As referencias duplicadas deben ser quitadas. Xa hai páxinas específicas sobre cada castro. O PXOM non cita tódolos castros. En canto aos nomes dos castros xa aparecen na páxina web do concello de Narón. De tódolos xeitos podes engadir datos, non están feitas as páxinas de tódolos castros. saúdos
Usuario anónimo