Mariña de Augas Santas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:


== Patroa ==
== Patroa ==
[[Ficheiro:Santa Mariña de Dozo.jpg|miniatura|Santa Mariña de Cambados.]]
[[File:Santa Mariña de Dozo.jpg|Santa Mariña de Dozo]]
Moitos son os lugares, parroquias e concellos de Galicia que reclaman para si a orixe desta santa, contan diferentes versións sobre a súa vida ou a recoñecen como patroa. É patroa dos concellos de [[Teo]], [[Xinzo de Limia]], [[Cambados]] e [[As Neves]].
Moitos son os lugares, parroquias e concellos de Galicia que reclaman para si a orixe desta santa, contan diferentes versións sobre a súa vida ou a recoñecen como patroa. É patroa dos concellos de [[Teo]], [[Xinzo de Limia]], [[Cambados]] e [[As Neves]].



Revisión como estaba o 1 de novembro de 2012 ás 21:07

Santa Mariña, pintura de Francisco de Zurbarán (s. XVII).

Mariña de Augas Santas foi unha muller mártir do cristianismo, probablemente lendaria, venerada como santa pola igrexa católica, que celebra a súa festa o 18 de xullo.

Traxectoria

A súa vida mistura lenda e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual Baiona) cara ao 119, sendo filla de Lucio Castelio Severo (gobernador romano da Gallaecia e Lusitania) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de infidelidade (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á concupiscencia da muller), quixo desfacerse das nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no río Miñor.

Sila, que era cristiá, non as quixo matar e as deixou en casas de familias cristiás amigas, sendo bautizadas polo bispo Ovidio de Braga, e creceron como cristiás nunha época en que esta relixión aínda era perseguida.

De grandes foron acusadas diante do seu pai. Cando Severo se decatou de que eran as súas fillas, convidounas a abxurar do cristianismo e levar unha vida regalada con el. Ao ser negaren foron feitas presas. Fuxiron cada unha a un lugar, morrendo todas como mártires (entre elas tamén Quiteria e Liberata). Mariña foi decapitada o 18 de xaneiro de 139 en Augas Santas (Allariz). No lugar da súa morte naceron tres fontes en cadanseu lugar onde golpeou a súa cabeza ao ser decapitada.

Patroa

Santa Mariña de Dozo Moitos son os lugares, parroquias e concellos de Galicia que reclaman para si a orixe desta santa, contan diferentes versións sobre a súa vida ou a recoñecen como patroa. É patroa dos concellos de Teo, Xinzo de Limia, Cambados e As Neves.