Igor Stravinskii: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Finados en 1971 mediante HotCat |
m cat. |
||
Liña 17: | Liña 17: | ||
[[Categoría:Nados en 1882]] |
[[Categoría:Nados en 1882]] |
||
[[Categoría:Finados en 1971]] |
[[Categoría:Finados en 1971]] |
||
[[Categoría:Nados en Rusia]] |
|||
[[an:Igor Stravinski]] |
[[an:Igor Stravinski]] |
Revisión como estaba o 19 de outubro de 2012 ás 11:40
Ígor Fiodorovich Stravinski (Игорь Фёдорович Стравинский), nado o 17 de xuño de 1882 en Lomonosov e morto o 6 de abril de 1971 en Nova York, foi un pianista, director de orquestra e compositor ruso, un dos máis importantes e influentes do século XX.
Traxectoria
A súa obra abrangue gran cantidade de estilos e formas, compuxo óperas, sinfonías, pequenas pezas para piano e mesmo obras para grupos de jazz. Stravinski adquiriu fama internacional con tres balé que lle encargou o empresario musical Sergei Diaghilev para a súa compañía Ballets Russes de París, estes balés son atrevidos e innovadores, practicamente reinventando o xénero, e continúan a ser hoxe as súas obras máis coñecidas: O paxaro de lume (1910), Petrushka (1911/1947) e A consagración da primavera (1913), no estreo desta última producíronse disturbios e chegou a transformar a estrutura rítmica dos compositores posteriores, ademais de ser a responsable da reputación de Stravinski como un revolucionario musical.
Despois da súa primeira fase rusa, Stravinski volveu ó neoclasicismo na década de 1920, as obras deste período tenden a facer uso das formas musicais tradicionais (concerto grosso, fuga, sinfonía), recubertas cun veo de emoción intensa con aparencia de austeridade ou distanciamento, con frecuencia pagando tributo á música dos mestres anteriores como Bach e Tchaikovski.
Na década de 1950 adoptou procedementos serialistas, usando estas novas técnicas durante os seus últimos vinte anos en activo, estas composicións comparten a enerxía rítmica, a construción de ideas melódicas, a claridade da forma e a instrumentalización e expresión vocal coas súas obras anteriores.
Durante a súa carreira publicou unha serie de libros, correntemente coa axuda de colaboradores. En 1936 publicou a súa autobiografía Chronique de ma vie coa axuda de Walter Nouvel, nesta obra Stravinski incluíu a famosa frase " a música, pola súa propia natureza, é impotente para expresar nada de seu". Coa colaboración de Alexis Roland-Manuel e Piotr Souvtchinski escribiu as leccións maxistrais que deu na Universidade Harvard no curso 1939-1940, recollidas en 1942 no libro Poétique musicale.